Rublo ruso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rublo ruso
Pоссийский рубль en ruso
Russia-1998-Coin-1.jpg
Código: RUB
Ámbito: Rusia Rusia
Flag of Abkhazia.svg Abjasia
Flag of South Ossetia.svg Osetia do Sur
Símbolo: руб
Fracción: 100 kopeks
Moedas: 1, 5, 10, 50 kopeks
1, 2, 5, 10 RUB
Billetes: 5, 10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 RUB
Emisor: Banco de Rusia[1]
Taxa de troco:
16-01-2015 [2]
1 EUR = 83,91 RUB
1 USD = 76,90 RUB
Troco actual

O rublo (en ruso рубль, rublʹ) é a unidade monetaria actual da Federación Rusa e das repúblicas autoproclamadas de Abkhazia e Osetia do Sur. Foi a moeda oficial na Unión Soviética e no Imperio Ruso.

Historia[editar | editar a fonte]

Moedas de rublo da época imperial
Reverso dunha moeda de prata 1 rublo
Reverso dunha moeda de prata 1 rublo
Anverso dunha moeda de prata 1 rublo coa efixie do tsar Nicolao II
Anverso dunha moeda de prata 1 rublo coa efixie do tsar Nicolao II
Reverso dunha moeda de prata 15 kopecks
Reverso dunha moeda de prata 15 kopecks
Anverso dunha moeda de prata 15 kopecks
Anverso dunha moeda de prata 15 kopecks
Anverso dunha moeda de ouro 5 rublos coa efixie do tsar Nicolao II
Anverso dunha moeda de ouro 5 rublos coa efixie do tsar Nicolao II

O rublo implantouse de forma definitiva xunto coa creación do Imperio Ruso no século XVI á chegada de Iván o Terrible Durante case tres séculos conviviu con outras unidades monetarias como o denga ou a polushka. Co tempo, o rublo abriuse camiño e as restantes moedas desapareceron ou se converteron na forma coloquial de chamar a unha fracción determinada de rublo. Durante o reinado de Nicolao II, último tsar de Rusia, a polushka era o equivalente a 1/400 de rublo, e 1/2 rublo recibía o nome de poltinik. En éraa soviética denominábase comunmente chiervoniets á moeda de ouro de 10 rublos. Desde a súa aparición, a centésima parte do rublo recibe o nome de kopieika.

O rublo apenas perdeu o seu valor desde a súa aparición ata a Revolución Rusa en 1917 grazas ao control autocrático dos tsares. Cando a Guerra Civil Rusa chegou ao seu fin, Lenin decidiu, como unha das medidas da NEP, a desvalorización do rublo nun 50%. Desde 1917, o rublo foi perdendo progresivamente valor no mercado internacional ata que en 1958, o secretario xeral do PCUS Nikita Khrushchev estableceu un cambio oficial e permanente de 1,5 dólares estadounidenses por rublo. Este cambio permaneceu ata a aparición da chamada perestroika, imposta a finais da década dos anos 1980 por Mijail Gorbachov, que esixía unha nova desvalorización. O rublo pasou a valer 1/10 do seu valor anterior en 1990.

A partir da caída da Unión Soviética en decembro de 1991, o valor do rublo veu abaixo. Todas as repúblicas integrantes da CEI (todas as que formaban a URSS fóra de Estonia, Letonia e Lituania ademais de Moldavia e Xeorxia que ingresarían máis tarde) aceptaron continuar co rublo como moeda oficial. Ucraína violaría o acordo xunto con Taxikistán (que ironicamente volvería aceptar o rublo) en primeiro lugar. Para finais 1992 tan só Bielorrusia e Rusia utilizaban rublos, e este sufriu unha depreciación que deixou o cambio en 100 rublos por dólar. En 1993, a caída foi máxima e o valor do rublo quedou a 1000 rublos por dólar e Bielorrusia comezou a emitir os seus propios rublos. Entre 1993 e 1997 a tremenda inflación cesou e o rublo mantivo o seu pobre valor estabilizado. En 1997 fíxose unha enorme reforma que deixou o cambio oficial a 30 rublos por dólar. Bielorrusia volveu adoptar o rublo emitido por Rusia despois de que os seus propios rublos sufrisen unha caída tal que se chegaron a facer emisións de billetes de varios millóns de rublos. Taxikistán tamén volveu aceptar o rublo ruso logo da revalorización.

Doutra banda, en 1946 unha compañía mineira soviética instalouse nas illas Svalbard ao norte de Noruega e no interior do Círculo Polar Ártico. Esta compañía, chamada Арктикунгол (Arktikungol), emitiu unha serie de moedas de kopieika para uso exclusivo dos habitantes da illa quen, a pesar de que vivían en terras norueguesas, eran en máis dun 80% de nacionalidade soviética. Tras a caída da Unión Soviética, a compañía emitiu en 1993 unha nova serie de moedas, esta vez de rublos enteiros debido á depreciación da moeda. Outras emisións realizáronse en 1999, 2000, 2002 e 2004. Estes rublos teñen valor comercial non só nas illas Svalvard (Шпицверген - Shpitsbiergien en ruso) senón en todo o territorio ruso. Debido á súa escasa tirada, os rublos das illas Svalbard son moi apreciados polos coleccionistas.

Véxase tamén: Rublo soviético.

Moedas e billetes actuais[editar | editar a fonte]

Moedas[editar | editar a fonte]

Existen moedas de rublos nas seguintes denominacións:

1998 Moeda de dous rublos da Federación Rusa
  • 1 kopek (raramente usado)
  • 5 kopeks (raramente usado)
  • 10 kopeks
  • 15 kopeks
  • 50 kopeks
  • 1 rublo
  • 2 rublos
  • 5 rublos

Billetes[editar | editar a fonte]

Os billetes en circulación en 2005 son os das denominacións que a continuación se enumeran. Cada denominación está dedicada a unha cidade rusa, polo que os motivos que se representan pertencen a devandita cidade.

  • 5 rublos
    • 61 x 137 mm
    • Tonalidade: verde
    • Cidade motivo: Novgorod
    • Anverso: Monumento ao Milenio Ruso, de fondo a Catedral de Santa Sofía en Novgorod
    • Reverso: A muralla do Kremlin de Novgorod.
  • 10 rublos
    • 65 x 150 mm
    • Tonalidade: verde obscuro e marrón
    • Cidade motivo: Krasnoyarsk
    • Anverso: Ponte sobre o río Yeniséi e unha capela
    • Reverso: Planta hidroeléctrica
  • 50 rublos
  • 100 rublos
    • 65 x 150 mm
    • Tonalidade rosa e alaranxada
    • Cidade motivo: Moscova
    • Anverso: escultura dunha cuadriga na fachada do Teatro Bolshoi
    • Reverso: Edificio do Teatro Bolshoi
  • 500 rublos
    • 65 x 150 mm
    • Tonalidade: azul violeta
    • Cidade motivo: Arjangelsk
    • Anverso: monumento a Pedro o Grande e un barco veleiro, de fondo a Terminal marítima de Arjangelsk
    • Reverso: Mosteiro Solovetsky
  • 1000 rublos
    • 69 x 157 mm
    • Tonalidade: azul verdáceo
    • Cidade motivo: Yaroslavl
    • Anverso: Monumento ao príncipe Yaroslav o Sabio, de fondo capela no Kremlin de Yaroslavl
    • Reverso: Igrexa do Precursor.

Billetes do Imperio Ruso[editar | editar a fonte]

Estes son os billetes que circulaban a finais do século XIX, principios do século XX no Imperio Ruso:

Valor Anverso Reverso
1
Russian Empire-1898-Bill-1-Obverse.jpg
Russian Empire-1898-Bill-1-Reverse.jpg
3
Russian Empire-1905-Bill-3-Obverse.jpg
Russian Empire-1905-Bill-3-Reverse.jpg
5
Russian Empire-1909-Bill-5-Obverse.jpg
Russian Empire-1909-Bill-5-Reverse.jpg
10
Russian Empire-1909-Bill-10-Obverse.jpg
Russian Empire-1909-Bill-10-Reverse.jpg
25
Russian Empire-1909-Bill-25-Obverse.jpg
Russian Empire-1909-Bill-25-Reverse.jpg
100
Russian Empire-1910-Bill-100-Obverse.jpg
Russian Empire-1910-Bill-100-Reverse.jpg

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rublo ruso Modificar a ligazón no Wikidata