Olivia Newton-John

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personadama (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Olivia Newton-John

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 2022 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Santa Ynez Valley, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoença terminal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Cancro de mama Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSanta Ynez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical, música pop, cinema musical, Actuación, Activismo e música popular Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , cantautora , actriz , artista discográfico , actriz de cinema , compositora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata - 2022 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, Música country, pop rock e pop dance Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUni
EMI
MCA Records Editar o valor em Wikidata
Participou en
1974Festival Eurovisão da Canção 1974 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJohn Easterling (en) Traducir (2008–2022)
Matt Lattanzi (pt) Traducir (1984–1995) Editar o valor em Wikidata
FillosChloe Rose Lattanzi (pt) Traducir
 () Matt Lattanzi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBrinley Newton-John (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Irene Helen Käthe Born (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRona Newton-John (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMax Born (avó)
Jeff Conaway ()
Brett Goldsmith (en) Traducir (sobriño)
Tottie Goldsmith (pt) Traducir (sobriña)
Gustav Victor Rudolf Born (pt) Traducir (tío)
Georgina Born (pt) Traducir (curmán)
Ben Elton (primo terceiro ou prima terceira (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webolivianewton-john.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000556 Allocine: 1845 Rottentomatoes: celebrity/olivia_newtonjohn Allmovie: p52476 Metacritic: person/olivia-newton-john TV.com: people/olivia-newton-john
Facebook: olivianewtonjohn Twitter: olivianj Instagram: therealonj Youtube: UCm3MHjUa5oXEKRe-yMx2Fvg Souncloud: olivia-newton-john-official Spotify: 4BoRxUdrcgbbq1rxJvvhg9 iTunes: 95110 Last fm: Olivia+Newton-John Musicbrainz: 10ccb5d8-f9d5-4954-9441-3419b522a214 Songkick: 510171 Discogs: 162670 Allmusic: mn0000473554 WikiTree: Newton-John-1 Find a Grave: 242447483 Deezer: 5632 Genius: Olivia-newton-john Editar o valor em Wikidata

Olivia Newton-John, nada en Cambridge (Reino Unido) o 26 de setembro de 1948 e finada en Santa Ynez Valley (California) o 8 de agosto de 2022,[1] foi unha cantante de música pop e actriz australiana, nacida no Reino Unido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de nai xudía alemá e pai británico. O seu avó materno foi o físico e matemático alemán Max Born, premio Nobel de Física.

Cando só tiña 5 anos trasladouse a Australia coa súa familia, xa que ao seu pai lle ofreceron un traballo como profesor nunha universidade de Melbourne. Tivo unha irmá, a actriz Rona Newton-John, que faleceu de cancro. É coñecida polo alcume Livvy. En Australia, onde transcorreu a súa infancia e adolescencia, estudou na universidade de Melbourne.

Inicios como cantante[editar | editar a fonte]

Olivia Newton-John nos 61.° Premios da Academia.

Os inicios de Newton-John como cantante remóntanse ao instituto, nun grupo feminino chamado Sol Four.[2]

O seu primeiro álbum, If Not For You, gravado en 1971, chegou aos Estados Unidos e conseguiu tres sinxelos de mediano éxito: "Banks of the Ohio", "Me and Bobby McGee" (versión dunha canción xa existente) e "If Not For You". Dous anos despois presentou o seu segundo álbum, Let Me Be There, destacando a balada country "Take Me Home Country Roads".

Festival de Eurovisión[editar | editar a fonte]

En 1974 representou o Reino Unido no Festival de Eurovisión que se celebrou na cidade inglesa de Brighton. Interpretou o tema "Long Live Love" e quedou en cuarta posición resultando como gañadores os suecos ABBA (con Waterloo) e en segunda posición Gigliola Cinquetti. Nese ano o terceiro álbum If You Love Me, Let Me Know chegou ás primeiras posicións da lista de álbums, e por fin unha balada do disco, "I Honestly Love You", afianzouse no primeiro lugar do Billboard estadounidense.

Éxito nos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

De inmediato Olivia encerrouse nos estudios de gravación para gravar o seguinte disco, que foi un auténtico éxito no mercado estadounidense: Have You Never Been Mellow, que escalou sen problemas ao primeiro posto de álbums en 1975 e colocou a canción homónima no primeiro lugar do Hit Parade. Outra canción do disco destacou, a balada country "Please Mr. Please".

En 1975 foise vivir aos Estados Unidos, onde alcanzou fama como cantante de música pop e tamén de música country. Ao longo da súa carreira as súas cancións alcanzaron en cinco ocasións o primeiro posto nas listas de vendas. Unha delas foi "Physical", que permaneceu durante dez semanas nese posto. Tamén obtivo catro premios Grammy. En 1979 interveu no concerto benéfico Music for UNICEF, xunto a artistas como os Bee Gees, ABBA, Donna Summer e Rod Stewart entre outros, cantando "Rest Your Love On Me" e "The Key".

Olivia Newton-John en 1988.

Actriz en Grease e Xanadu[editar | editar a fonte]

Newton-John tamén foi actriz, participando en filmes de carácter musical. O seu maior éxito foi Grease, con John Travolta.

Os seguintes non tiveron igual éxito, en especial Xanadu, que fracasou a pesar da participación de Gene Kelly e da música composta por Jeff Lynne, membro fundador de Electric Light Orchestra. Tampouco triunfou Two of a Kind, mal acollida polo público aínda que a súa banda sonora foi igualmente un grande éxito.

Olivia Newton-John ten unha estrela co seu nome en Hollywood Boulevard, en recoñecemento da súa extraordinaria traxectoria.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Newton-John estivo casada entre 1984 e 1995 co actor Matt Lattanzi. Deste matrimonio ten unha filla, Chloe Rose, nacida en 1986. A finais dos 80 lanzou xunto á súa amiga Pat Farrar unha marca de roupa chamada Koala Blue en Australia e nos Estados Unidos, que por erros financeiros a levou á bancarrota en 1992. Non obstante, recuperouse economicamente grazas á publicidade e telefilmes.

Dende 1996 vivía con Patrick McDermott, un operador de cámara, ata que este desapareceu en estrañas circunstancias durante unha excursión en barco en 2005. En 2006, xurdiron rumores de que McDermott fora visto en México[3] e de que simulara a súa morte para romper a súa relación con Olivia. En xullo de 2008 ela casou en segredo co magnate John Easterling.

Enfermidade e activismo social[editar | editar a fonte]

En 1992 Newton-John estaba preparada para outro regresou ao éxito, cando lanzou a súa terceira colección de grandes éxitos, Back to Basics - The Essential Collection 1971-1992, e planeou a súa primeira xira dende o seu disco Physical realizada dez anos antes. Pouco despois do lanzamento do álbum, foille diagnosticado un cancro de mama que a obrigou a cancelar toda a publicidade para o recompilatorio, incluíndo a xira. Newton-John recibiu o seu diagnóstico o mesmo fin de semana en que o seu pai morreu.[4] Despois dun longo tratamento, recuperouse[5] e dende entón converteuse nunha incansable defensora da investigación sobre o cancro e outros problemas de saúde. É portavoz do produto Liv-Kit para o autoexamen de mamas. Tamén é propietaria parcial da Gaia Retreat & Spa en Byron Bay, Australia, que se anuncia como «o lugar ideal para renovar, actualizar e restaurar a súa mente, corpo e alma».[6]

A preocupación de Newton-John polos problemas de saúde foi presaxiada pola súa participación previa en moitas causas humanitarias. En 1978 cancelou unha xira de concertos no Xapón para protestar contra o masacre de golfiños atrapados en redes de pesca de atún.[7] Posteriormente a xira foi reprogramada cando o goberno xaponés lle asegurou que o asunto se estaba investigando. Participou no concerto de 1979 Music for UNICEF Concert para a transmisión mundial televisiva do Ano Internacional do Neno. Durante o concerto, os artistas interpretaron cancións e doaron as súas regalías a perpetuidade, algúns en beneficio da causa. Foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.[8]

En 1991, converteuse na portavoz nacional do Fondo Ambiental Colette Chuda/CHEC (Coalición de Saúde Ambiental dos Nenos), trala morte de Colette Chuda, nena de catro anos de idade amiga da familia, a causa do cancro. Chuda aparecera xunto con Newton-John e a súa filla Chloe na portada do seu álbum Warm and Tender de 1989.

De igual forma, o diagnóstico de cancro influíu notablemente en que a música de Newton-John fixese algunha referencia a iso. En 1994, lanzou Gaia: One Woman's Journey. Este foi o primeiro álbum en que ela mesma escribiu todas as cancións, animándoa a participar máis activamente como compositora a partir de entón. Un disco realacionado foi Stronger Than Before, de 2005; as ganancias obtidas das vendas do álbum doáronse á investigación do cancro de mama.

En 2008, Newton-John recadou fondos para axudar a construír o Olivia Newton-John Cancer and Wellness Centre en Melbourne, Australia.

O 30 de maio de 2017, logo de 25 anos da detección do seu cancro, Olivia anunciou a reincidencia da enfermidade, o que lle producía unha dor de costas que a obrigou a pospor presentacións. Esta dor foi o anuncio de que o mal se estendera ao óso sacro das súas costas. Por este motivo someteuse a terapias naturais e a un período de radiación no centro de tratamento do cancro que leva o seu nome en Australia.

En 2018, revelou que foi diagnosticada cun cancro por terceira vez. Explicou que os médicos lle diagnosticaron un tumor na base da columna vertebral, e que foi sometida a radioterapia; tamén dixo seguir terapias naturais e consumir aceite de cánabo para as dores. "Sigo en tratamento, en tratamento natural e estou moi ben",[9] declarou á canle australiana Channel Seven dende a súa residencia en California.

Newton-John faleceu de cancro o 8 de agosto de 2022 na súa casa de California aos 73 anos.[10][11]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Summer Nights - Live in Las Vegas (2015)
  • This Christmas (2012), en colaboración con John Travolta (Nadal)[12]
  • A Few Best Men (2012), banda sonora
  • Grace and Gratitude Renewed (2010)
  • A Celebration In Song (2008)
  • Olivia's Live Hits (2008)
  • Christmas Wish (2007) (Nadal)
  • Grace and Gratitude (2007)
  • Stronger Than Before (2005)
  • Gold (2005), recompilatorio
  • Indigo (2004)
  • 2 (2002), álbum de dúos
  • The Christmas Collection (2001) (Nadal)
  • Sordid Lives (2001), banda sonora
  • Tis The Season (2000) (Nadal)
  • One Woman's Journey (2000)
  • The Main Event (1998)
  • Back With A Heart (1998)
  • It's My Party (1996), banda sonora
  • Gaia (1994)
  • Back To Basics (1992)
  • Warm And Tender (1990)
  • The Rumour (1988)
  • Soul Kiss (1985)
  • Two of a Kind (1983), banda sonora
  • Physical (1981)
  • Love Perfomance In Japan (1981)
  • Xanadu (1980), banda sonora
  • Totally Hot (1979)
  • Grease (1978), banda sonora
  • Making A Good Thing Better (1977)
  • Don't Stop Believin (1976)
  • Come On Over (1976)
  • Clearly Love (1975)
  • Have You Never Been Mellow (1975)
  • Long Live Love (1974)
  • Let Me Be There (1973)
  • Olivia (1972)
  • Olivia Newton-John (1971)
  • If Not for You (1971)

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • A Few Best Men (2012)
  • Glee (2010, serie de televisión)
  • The Wilde Girls (2001, serie de televisión)
  • Sordid Lives (2000)
  • The Christmas Angel: A Story on Ice (1998, televisión)
  • It's My Party (1996)
  • A Christmas Romance (1994, televisión)
  • A Mom for Christmas (1990, televisión)
  • Two of a Kind (1983)
  • Xanadu (1980)
  • Grease (1978)
  • The Case (1972, televisión)
  • Toomorrow (1970)
  • Funny Things Happen Down Under
  • Score: A Hockey Musical

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Olivia Newton-John, Australian Songstress and ‘Grease’ Star, Dies at 73 (en inglés)
  2. "Olivia Newton-John". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2009. 
  3. tabloidwhore.blogspot.com
  4. "Toughing It Out". People. 3 de agosto de 1992. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  5. Schindehette, Susan; Schneider, Karen; O'Neill, Anne-Marie (26 de outubro de 1998). "Victors Valiant – Cancer, Coping and Overcoming Illness". People. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  6. "About US". Gaiaretreat.com.au. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  7. Billboard, 1978
  8. "Bio at official web site". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  9. Redacción (11 de setembro de 2018). "Olivia Newton-John e o seu terceiro diagnóstico de cancro: "Son unha entre millóns nesta viaxe"". BBC News Mundo (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  10. Bernstein, Adam (8 August 2022). "Olivia Newton-John, pop singer and 'Grease' star, dies at 73". The Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2022. Consultado o 8 de agosto de 2022. 
  11. Reynolds, Dolan (8 de agosto de 2022). "Olivia Newton-John dies at 73, husband says". FOX8 WGHP. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2022. Consultado o 8 de agosto de 2022. 
  12. Alicante Noticias (13 de decembro de 2012). ""This Christmas", nuevo disco navideño de John Travolta y Olivia Newton-John" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Olivia (The Biography of Olivia Newton-John), Tim Ewbank. (2008). Piatkus books. ISBN 978-0-7499-0983-3.
  • Wood, Gerry. (1998). "Olivia Newton-John", en The Encyclopedia of Country Music. Paul Kingsbury, Editor. Nova York: Oxford University Press. pp. 380–1.
  • The Story of the Shadows por Mike Read. 1983. Elm Tree books. ISBN 0-241-10861-6.
  • Rock 'n' Roll, I Gave You The Best Years Of My Life – A Life In The Shadows por Bruce Welch ISBN 0-670-82705-3 (Penguin Books).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]