Idaho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idaho
State of Idaho
Bandeira de Idaho Selo de Idaho
Bandeira Selo
Lema: Esto perpetua
Mapa dos EUA coa Idaho en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Boise
Maior cidade Boise
Gobernador Butch Otter
Lingua oficial: inglés
Área 216.632 km² (14)
 - Terra 214.499 km²
 - Auga 2.133 km² (0,98%)
Poboación (2007)
 - Poboación 1.499.402 (39)
 - Densidade 6,9 /km² (44)
Entrada na Unión
 - Data 3 de xullo de 1890
 - Orde 43º
Xeografía
Fuso horario Pacífico: UTC-8/-7
Latitude 42° N a 49° N
Lonxitude 111° W a 117° W
Largo N-S 771 km
Ancho E-O 491 km
Altitude
 - Altitude media 1.524 m
 - Máis elevado 3.859 m
 - Menos elevado 216 m
Códigos e abreviacións
 - USPS ID
 - ISO 3166-2 US-ID
Sitio web
http://www.idaho.gov//

Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos. A capital é Boise. Ten unha superficie de 216 632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, tiña o 2007 unha poboación de 1 499 402 habitantes.
Idaho é o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Montañas Owyhee.

Idaho fai fronteira con seis estados e cunha provincia do Canadá. Ó oeste están os estados de Washington e Oregon, Nevada e Utah están ó sur, e Montana e Wyoming ó este. Idaho tamén fai fronteira coa provincia de Columbia Británica ó norte. A paisaxe é ondulada con algunhas das mellores preservadas áreas naturais dos Estados Unidos. O estado sitúase xunto ás Montañas Rochosas, co abundancia de recursos naturais e paisaxes. Hai montañas cubertas de neve, ríos rápidos, vastos lagos e profundos canóns. As augas do río Snake atravesan o Hells Canyon, o máis profundo canón dos Estados Unidos. As quedas Shoshone Falls ten unha altura superior á do Niágara.

Os ríos principais do estado son o Río Snake River, o río Clark Fork-Pend Oreille, o Clearwater e o Salmon River. O porto de Lewiston, na confluencia dos ríos Clearwater e Snake é o porto máis distante do Océano Pacífico no noroeste dos Estados Unidos.

A máis alta montaña do estado é o Pico de Borah, con 3.859 metros de altitude, ó norte da cidade de Mackay. O punto máis baixo do estado (227 metros) está en Lewiston, onde o Río Clearwater encontra o Río Snake e continúa no estado de Washington.

Clima[editar | editar a fonte]

Idaho ten moita variación en seu clima. A pesar da fronteira occidental do estado situarse a unha distancia de 480 km do Océano Pacífico, a influencia marítima aínda é sentida no estado, especialmente no inverno, cando a cobertura de nubes, a humidade e a precipitación atinxen o seu punto máximo. Esta influencia ten un efecto moderado no inverno, cando as temperaturas non son tan baixas como sería esperado en un estado tan ó norte e co altitude tan elevadas. A influencia marítima é menos intensa ó sur, onde os padróns de precipitacións son en xeral invertidos, co veráns chuviosos e invernos secos, e as diferencias de temperatura estacionais son menos acentuadas, indicando un clima continental.

O clima en Idaho pode ser quente, a pesar dos períodos co temperaturas superiores ós 37º C de máxima seren raros. Os días máis quentes son temperados pola relativamente baixa humidade e noites frías durante o verán, pois para a maior parte do estado as diferenzas entre as temperaturas diúrnas e nocturnas son maiores no verán. Os invernos poden ser moi fríos, pero extensos períodos de temperaturas abaixo de cero tamén son raros.

Economía[editar | editar a fonte]

Moeda de 25 centavos de dólar homenaxeando Idaho.
Capitolio estadual en Boise, Idaho.

O produto interno bruto do estado o 2004 foi US$43,6 mil millóns de dólares americanos. A renda per capita o 2004 era US$26 881,00. O Idaho é un importante estado agrícola, producindo 1/3 das patacas que crecen nos Estados Unidos.

Importantes industrias en Idaho son o procesamento de alimentos, madeira e derivados, máquinas, produtos químicos, produtos de papel, electrónicos, prata e outras minerías, e turismo. Unha grande fábrica de queixo, co capacidade para 120 000 toneladas métricas ó ano localízase na cidade de Gooding.[1] O Laboratorio Nacional de Idaho (INL), un laboratorio gobernamental para pesquisas co enerxía nuclear tamén ten un importante papel na economía do estado. Hai tamén 3 fábricas de cervexa da empresa Anheuser-Busch, que fornecen o malte para outras cervexarías do país.

Hoxe, a principal industria en Idaho é o sector de ciencia e tecnoloxía. Ele representa máis de 25% da renda total do estado, e máis de 70% das exportacións, en dólares. A economía industrial do Idaho ven crecendo, e os produtos de alta tecnoloxía lideran este crecemento. Desde o fin dos anos 1970, a cidade de Boise emerxeu como un centro de manufactura de semicondutores. A cidade é sede da Micron Technology Inc., a única manufactura estadounidense de chips DRAM. A Hewlett-Packard opera unha planta industrial en Boise, sudoeste de Idaho, dende os anos 1970, que produce impresoras láser. [1]. A empresa Dell opera unha unidade de orientación por teléfono ós consumidores en Twin Falls. Outra importante compañía de tecnoloxía no estado é a AMI Semicondutor, cuxa sede fica na cidade de Pocatello. Finalmente, a Coldwater Creek, grande empresa de comercio de roupas para señoras, ten a súa sede en Sandpoint.

O imposto sobre o comercio é de 6%, e aplicase ao comercio, aluguer ou financiamento de bens tanxíbeis e algúns servizo]]s. Os alimentos son taxados, pero os medicamentos non. As acomodacións en hoteles, moteles e cámpings son taxados a unha porcentaxe máis alta (7% a 11%).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zuivelzicht" 25 de abril de 2007