Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar

Esta é unha lista dos filmes propostos na 78ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2004 e o 30 de setembro de 2005. A lista oficial de filmes aceptados incluíu 54 filmes. Costa Rica, Fidxi e Iraq presentaron filmes por primeira vez.
Os cinco candidatos (Alemaña, Francia, Italia, Palestina e Suráfrica) anunciáronse o 31 de xaneiro de 2006.[3] O filme Tsotsi de Gavin Hood gañou o premio,[4] primeiro filme surafricano que recibiu o premio.
Propostas[editar | editar a fonte]
Cambios e controversias[editar | editar a fonte]
- O filme candidato Paradise Now foi nomeado inicialmente como procedente de Palestina.[10] Porén, despois de protestas de grupos proisraelís nos Estados Unidos, a Academia decidiu designar a proposta como da Autoridade Palestina, movemento que foi criticado por Hany Abu-Assad, director do filme.[11][12] Durante a cerimonia de entrega dos premios, o filme foi anunciado polo presentador Will Smith como proposta dos Territorios Palestinos.[13]
- Venezuela seleccionou 1888: El Extraordinario Viaje de Santa Isabel, mais o envío atrasado por unha demanda e pasou a data límite.[14] O Uruguai informou da elección de Alma Mater, mais finalmente só foi enviado aos premios Goya.
- O Nepal seleccionou Basain, mais debido a un cambio na data de estrea foi proposto o ano seguinte.
- As Filipinas non propuxeron ningún filme por primeira vez en dez anos. A Academia filipina indicou que pensaban que non foran convidados a participar porque a invitación oficial non chegou ao seu novo enderezo.
- Italia seleccionou inicialmente of filme Private, mais a Academia informou que o filme sería descualificado por non ser nunha lingua italiana. A Academia italiana apelou a decisión, mais finalmente seleccionou outro filme.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008.
- ↑ Marcus, Lawrence (29 de xaneiro de 2006). "Oscar Watch: Sorvino to help unveil noms". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2014. Consultado o 25 de abril de 2014.
- ↑ "Tsotsi wins Academy Award | South African History Online". www.sahistory.org.za. Consultado o 2020-08-13.
- ↑ Descualificado porque o filme é completamente en francés, non nunha lingua indíxena de Austria.
- ↑ 6,0 6,1 Descualificado porque non chegou a tempo á Academia unha copia do filme.
- ↑ [https://www.indiewire.com/article/with_national_pride_at_stake_foreign_language_films_compete_for_oscar_glory Indie Wire/
- ↑ Descualificado porque era demasiado similar a unha versión emitida previamente na televisión neerlandesa. Xa pasara o prazo para que o comité seleccionase outro filme.
- ↑ Descualificado despois da mostra oficial por ser maioritariamente en inglés.
- ↑ Gray, Tim (14 de febreiro de 2006). "Acad denies 'Now' rumors". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2014.
- ↑ Gray, Tim (1 de marzo de 2006). "Oscar tune impugned". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2014.
- ↑ Agassi, Tirah (26 de febreiro de 2006). "Middle East tensions hang over Palestinian nominee for an Oscar / 'Paradise Now' traces lives of two men who are suicide bombers". San Francisco Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014.
- ↑ Zayid, Maysoon (20 de setembro de 2012). "Movie is 'not without its rewards'". Manawatu Standard. p. 13.
- ↑ Venezuela
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |