Filmes de Armenia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Armenia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2002. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2020, nove filmes armenios foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado. Tamén intentaron presentar un filme no ano 1991, sen éxito.
Propostas[editar | editar a fonte]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Armenia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2001 (74ª) |
Lrutyan Simfonia | Armenio | Vigen Chaldranyan | Non nomeado |
2003 (76ª) |
Vodka Lemon | Kurdo, armenio, ruso, francés | Hiner Saleem | Non nomeado |
2009 (82ª) |
Hrashagortsi ashune | Italiano | Ruben Gevorkyants e Vahe Gevorkyants |
Non nomeado |
2012 (85ª) |
Ete bolore[6] | Armenio | Nataliya Belyauskene | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Zemletryasenie[7] | Armenio | Sarik Andreasyan | Descualificado[8] |
2017 (90ª) |
Yeva[9] | Armenio | Anahit Abad | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Spitak[10] | Armenio | Alexander Kott | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Erken kisher[11] | Armenio | Edgar Baghdasaryan | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Soghomoni yergery[12] | Armenio | Arman Nshanian | Non nomeado |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Toussi, Elnaz (27 de setembro de 2012). Screendaily, ed. "Armenia selects drama as foreign language Oscar entry". Screen International. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ Holdsworth, Nick (4 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Armenia Selects 'Earthquake' for Foreign-Language Category". Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ Kozlov, Vladimir (12 de outubro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Foreign-Language Oscar: Armenian Submission Disqualified". Consultado o 13 de outubro de 2016.
- ↑ Kozlov, Vladimir (28 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Armenia Selects 'Eva' for Foreign-Language Category". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Panarmenian, ed. (9 de outubro de 2018). ""Spitak" about Armenia quake joins Best Foreign Language Oscar race". Consultado o 9 de outubro de 2018.
- ↑ Ghazanchyan, Siranush (24 de setembro de 2019). Public Radio of Armenia, ed. "Armenia to submit Edgar Baghdasaryan's Erken Kisher for Oscars 2020". Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ "93rd Annual Academy Awards". Armenian National Film Academy. 5 de outubro de 2020. Consultado o 22 de novembro de 2020.