Filmes de Kenya propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Kenya presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por vez primeira no ano 2012.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kenya para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2012
(85ª)
Nairobi Half Life[3] Suahili Gitonga, David 'Tosh'David 'Tosh' Gitonga Non nomeado
2017
(90ª)
Kati Kati[7] Suahili e inglés Masya, MbithiMbithi Masya Non nomeado
2018
(91ª)
Supa Modo[8] Suahili Wainaina, LikarionLikarion Wainaina Non nomeado
2019
(92ª)
Subira[9] Suahili Chadha, Ravneet SippyRavneet Sippy Chadha Non nomeado
2020
(93ª)
Barua[10] Suahili Maia Lekow e Chris King Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Vourlias, Christopher (26 de setembro de 2012). Variety, ed. "Kenya chooses 'Life' for Oscar contest". Reed Business Information. Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  7. WeAre52pc, ed. (22 de setembro de 2017). "Kati Kati is Kenya's submission to the Oscars". Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  8. Vourlias, Christopher (28 de setembro de 2018). Variety, ed. "Kenya Picks Berlinale Crowd-Pleaser 'Supa Modo' as Its Oscar Hopeful". Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  9. Kenya Film Commission, ed. (16 de setembro de 2019). "Subira is Kenya's official submission for the 92nd Academy Awards in the Best International Film category". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2019. Consultado o 16 de setembro de 2019. 
  10. "'The Letter' picked to represent Kenya in 2021 Oscars". Nairobi News. 10 de novembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020.