Filmes de Casaquistán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sergei Bodrov foi o director do primeiro filme casaco nomeado ao premio.

Casaquistán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1991, logo de independizarse da Unión Soviética. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

En 2008, Casaquistán recibiu o seu primeiro nomeamento ó Óscar polo filme épico e biográfico Mongol, sobre a vida de Genghis Khan.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Casaquistán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1992
(65ª)
Gibel Otrara Ardak Amirkulov Non nomeado
2006
(79ª)
Kóshpendiler Sergei Bodrov, Talgat Temenov, Ivan Passer Non nomeado
2007
(80ª)
Mongol Sergei Bodrov
Nomeado
2008
(81ª)
Tulpan Sergey Dvortsevoy Non nomeado
2009
(82ª)
Kelin Ermek Tursunov
Lista curta de xaneiro
2010
(83ª)
Zabludivshiysya[6] Akan Satayev Non nomeado[7]
2011
(84ª)
Vozvrashchenie v 'A'[8] Egor Mikhalkov-Konchalovsky Non nomeado
2012
(85ª)
Jaýjúrek myń bala[9] Akan Satayev Non nomeado
2013
(86ª)
Shal[10] Ermek Tursunov Non nomeado
2015
(88ª)
Zhat[11] Ermek Tursunov Non nomeado
2016
(89ª)
Amanat[12] Satybaldy Narymbetov Non nomeado
2017
(90ª)
Anaǵa aparar jol[13] Akan Satayev Non nomeado
2018
(91ª)
Ayka[14] Sergey Dvortsevoy
Lista curta de decembro[15]
2019
(92ª)
Qazaq Handiǵy – Altyn Taq[16] Rustem Abdrashev Non nomeado
2020
(93ª)
The Crying Steppe[17] Marina Kunarova Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. "Updated List of Foreign Language Academy Submissions". indiewire. Consultado o 2010-10-03. 
  7. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 2011-01-19. 
  8. "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 2011-10-14. 
  9. "'Myn Bala' heads to Oscars". Variety. 24 de setembro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  10. "Oscars: Kazakhstan Nominates 'The Old Man' for Foreign Language Category". Hollywood Reporter. Consultado o 2013-09-30. 
  11. Holdsworth, Nick (26 de agosto de 2015). "Oscars: Kazakhstan Selects 'Stranger' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 26 de agosto de 2015. 
  12. Holdsworth, Nick (29 de setembro de 2016). "Oscars: Kazakhstan Selects 'Amanat' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 29 de setembro de 2016. 
  13. Holdsworth, Nick (23 de setembro de 2017). "Oscars: Kazakhstan Selects 'Road to Mother' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  14. "Film Ayka about migrant woman from Kyrgyzstan enters Oscar long-list". Kabar News Agency. 9 de outubro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  15. "Academy Unveils 2019 Oscar Shortlists". The Hollywood Reporter. 17 de decembro de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  16. "Oscars: Kazakhstan Selects 'Golden Throne' for Best International Feature Category". The Hollywood Reporter. 1 de outubro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  17. "Фильм "Плач великой степи" выдвинули на "Оскар" от Казахстана". Times.kz. 4 de decembro de 2020. Consultado o 4 de decembro de 2020.