Filmes de Montenegro propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Montenegro presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2013.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Montenegro para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2013
(86ª)
As pik - loša sudbina[3] Serbocroata Draško Đurović Non nomeado
2014
(87ª)
Dječaci iz Ulice Marksa i Engelsa[7] Montenegrino Nikola Vukčević Non nomeado
2015
(88ª)
Ti mene nosiš[8] Croata Ivona Juka Non nomeado
2016
(89ª)
Igla ispod praga[9] Montenegrino Ivan Marinovic Non nomeado
2018
(91ª)
Iskra[10] Serbio Gojko Berkuljan Non nomeado
2019
(92ª)
Između dana i noći[11] Montenegrino Andro Martinovic Non nomeado
2020
(93ª)
Grudi[12] Montenegrino Marija Perović Non nomeado
2021
(94ª)
Poslije zime[13] Serbocroata Ivan Bakrač Non nomeado
2022
(95ª)
Elegija lovora Serbio Dušan Kasalica Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Serbia Nominates 'Circles' and Montenegro Taps 'Bad Destiny' in Foreign Language Category". Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  7. Latin Post (ed.). "Oscar 2015 Predictions: Is Mexico's Selection 'Cantiflas' Good Choice?". Consultado o 17 de setembro de 2014. 
  8. RTCG, ed. (24 de setembro de 2015). ""Ti mene nosiš" CG kandidat za Oskara". Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  9. Kozlov, Vladimir (28 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Montenegro Selects 'The Black Pin' for Foreign-Language Category". Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  10. Holdsworth, Nick (13 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Montenegro Selects 'Iskra' for Foreign-Language Category". Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  11. Kozlov, Vladimir. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Montenegro Selects 'Neverending Past' for International Feature Film Category". Consultado o 19 de setembro de 2019. 
  12. ""Grudi" crnogorski kandidat za Oskara za najbolji strani film". N1. 16 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  13. "Филм "Послије зиме" црногорски кандидат за 94. награду Оскар у категорији најбољи међународни филм". Dan.co.me. 22 de outubro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2021.