Filmes de Ucraína propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ucraína presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 1997. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2020, trece filmes foron escollidos para representar a Ucraína nesta categoría, mais finalmente ningún deles foi nomeado. A proposta de 2004, Voditel dlya Very foi descualificado por ter unha orixe ucraína insuficiente.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Ucraína para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director(es) Lingua(s) Resultado
1997
(70ª)
Pryiatel nebizhchyka Viacheslav Kryshtofovych Ruso Non nomeado
2003
(76ª)
Mamai Oles Sanin Ucraíno e tártaro de Crimea Non nomeado
2004
(77ª)
Vodiy dlya Viry Pavlo Chukhrai Ruso Descualificado
2006
(79ª)
Aurora[6] Oksana Bairak Ruso Non nomeado
2008
(81ª)
Iliuziya strakhu Oleksandr Kiriyenko Ruso Non nomeado
2012
(85ª)
Toi, khto proishov kriz vohon[7] Mykhailo Illienko Ucraíno, inglés, ruso e tártaro de Crimea Non nomeado
2013
(86ª)
Paradzhanov[8] Serge Avedikian,
Olena Fetisova
Ruso Non nomeado
2014
(87ª)
Povodyr[9] Oles Sanin Ucraíno, ruso e inglés Non nomeado
2016
(89ª)
Ukrayinski sheryfy[10] Roman Bondarchuk Ucraíno e ruso Non nomeado
2017
(90ª)
Riven chornoho[11] Valentyn Vasianovych Sen diálogo Non nomeado
2018
(91ª)
Donbass[12] Sergei Loznitsa Ucraíno, ruso Non nomeado
2019
(92ª)
Evge[13] Nariman Aliev Tártaro de Crimea e ucraíno Non nomeado
2020
(93ª)
Atlantyda[14] Valentyn Vasyanovych Ucraíno Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. annews.ru, ed. (30 de novembro de 2006). "'Аврора' будет представлять Украину на 'Оскаре'" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 5 de abril de 2009. 
  7. Kyiv Post (ed.). "Ukraine to submit Firecrosser for Best Foreign Language Film at Oscars". Consultado o 5 de setembro de 2012. 
  8. armenpress (ed.). "Ukraine nominates Paradjanov for Academy Awards". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  9. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Ukraine Nominates Oles Sanin's 'The Guide' for Foreign Language Category". Consultado o 9 de setembro de 2014. 
  10. Ukraine Today, ed. (9 de setembro de 2016). "Ukraine selects its candidate for foreign-language Oscar". Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  11. Holdsworth, Nick (29 de agosto de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Ukraine Selects 'Black Level' for Foreign-Language Category". Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  12. Kozlov, Vladimir (29 de agosto de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Ukraine Selects 'Donbass' for Foreign-Language Category". Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  13. Opinion UA (ed.). "Ukrainian film Homeward about annexed Crimea goes for Oscar". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  14. "Film 'Atlantis' has more chances for Oscars than Ukrainian nominees of past years - head of Ukrainian Oscar Committee". Interfax Ukraine. 24 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020.