Saltar ao contido

Filmes de Macedonia do Norte propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O director Milcho Manchevski presentou tres dos seus filmes ó Óscar ó mellor filme internacional.

Macedonia do Norte presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1994. Os macedonios tamén intentaron sen éxito presentarse no ano 1991, cando o país estaba nun proceso de acadar o recoñecemento internacional como un estado independente.[3] Antes da independencia, os directores macedonios participaron activamente na industria do cinema iugoslavo, e varios filmes feitos por macedonios presentados ó Óscar en nome de Iugoslavia. O derradeiro exemplo disto foi o filme Srećna nova '49. de Stole Popov, do ano 1987.

O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]

Até o ano 2023, dous filmes de Macedonia do Norte, Pred doždot de Milcho Manchevski e Medena zemja de Tamara Kotevska e Ljubomir Stefanov foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún filme conseguiu finalmente o premio. Outro dos filmes de Mančevski, Senki, foi proposto na 80ª edición dos premios, mais non conseguiu saír nomeado.[6][7] Os filmes de Ivo Trajkov tamén foron escollidos para representar o país tres veces.

Propostas

[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Macedonia do Norte para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
TítuloLingua(s)Director(es)Resultado
1994
(67ª)
Pred doždot Macedonio, albanés,
inglés
Milcho Manchevski
Nomeado
1997
(70ª)
Gypsy Magic[9] Macedonio, romanés Stole Popov Non nomeado
1998
(71ª)
Zbogum na dvaesettiot vek![10] Macedonio Darko Mitrevski, Aleksandar Popovski Non nomeado
2004
(77ª)
Golemata Voda[11] Macedonio Ivo Trajkov Non nomeado
2006
(79ª)
Kontakt[12] Macedonio, alemán Sergej Stanojkovski Non nomeado
2007
(80ª)
Senki[6] Macedonio Milčo Mančevski Non nomeado
2008
(81ª)
Jas sum od Titov Veles Macedonio Teona Strugar Mitevska Non nomeado
2009
(82ª)
Ocas ještěrky Checo Ivo Trajkov Non nomeado
2010
(83ª)
Majki[13] Macedonio Milčo Mančevski Non nomeado[14]
2011
(84ª)
Pankot ne e mrtov[15] Macedonio Vladimir Blazevski Non nomeado
2012
(85ª)
Treto poluvreme[16] Macedonio Darko Mitrevski Non nomeado
2014
(87ª)
Do balcak[17] Macedonio Stole Popov Non nomeado
2015
(88ª)
Honey Night[18] Macedonio Ivo Trajkov Non nomeado
2016
(89ª)
Osloboduvanje na Skopje[19] Macedonio Rade Šerbedžija, Danilo Šerbedžija Non nomeado
2018
(91ª)
Secret Ingredient[20] Macedonio Gjorce Stavreski Non nomeado
2019
(92ª)
Medena zemja[21] Macedonio, turco e bosníaco Tamara Kotevska, Ljubomir Stefanov
Nomeado[22]
2020
(93ª)
Vrba[23] Macedonio Milcho Manchevski Non nomeado
2021
(94ª)
Sestri[24] Macedonio Dina Duma Non nomeado
2022
(95ª)
Najsrekjniot Chovek Na Svetot[25] Bosníaco Teona Strugar Mitevska Non nomeado
2023
(96ª)
Domaḱinstvo za početnici[26] Macedonio, albanés e romaní Goran Stolevski Non nomeado
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
  3. News Library Search, ed. (6 de decembro de 1991). "FILM NEWS & NOTES". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
  4. 1 2 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
  6. 1 2 Yahoo! Movies, ed. (17 de outubro de 2007). "A Record 63 Countries Vying For Best Foreign-Language Oscar Nod". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008. Consultado o 4 de xullo de 2008.
  7. Gaydos, Steven; McCarthy, Libby (15 de xaneiro de 2008). "Oscar's foreign film race heats up". Variety. Consultado o 4 de xullo de 2008.
  8. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
  9. oscarguy.com (ed.). "The 70th Academy Awards (1997): Foreign Language Film Submissions". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2008. Consultado o 4 de xullo de 2008.
  10. Honeycutt, Kirk (24 de novembro de 1998). "45 Nations Vying For Oscar". allbusiness.com. Consultado o 28 de agosto de 2008.
  11. Hernandez, Eugene. indieWire, ed. "49 Countries Submit Films for Foreign Language Oscar Consideration". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 4 de xullo de 2008.
  12. Sneider, Jeff (19 de outubro de 2006). "Oscar race counts 61 countries". Variety. Consultado o 4 de xullo de 2008.
  13. mia.com.mk (ed.). "Mancevski's "Mothers" selected for Panorama programme at 61. Berlinale". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2010.
  14. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
  15. oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011.
  16. Утрински весник (ed.). ""Трето полувреме" македонски кандидат за Оскар". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2012.
  17. Macedonian Information Agency (ed.). ""To the Hilt" enters Oscar race". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2014.
  18. Holdsworth, Nick (15 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Macedonia Nominates 'Honey Night' for Foreign-Language Category". Consultado o 15 de setembro de 2015.
  19. Holdsworth, Nick (27 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Macedonia Selects 'The Liberation of Skopje' for Foreign-Language Category". Consultado o 27 de setembro de 2016.
  20. Macedonian Information Agency, ed. (19 de setembro de 2018). "Macedonia selects 'Secret Ingredient' as foreign language entry at 2019 Academy Awards". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2018.
  21. Holdsworth, Nick. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: North Macedonia Selects 'Honeyland' for Best International Feature Category". Consultado o 27 de agosto de 2019.
  22. Oscar Nominations 2020-Vanity Fair
  23. "„Врба“ на Милчо Манчевски е македонски кандидат за Оскар". MakFax. 16 de novembro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020.
  24. "Сестри“ на Дина Дума ќе биде македонскиот кандидат за Оскар". Radio MOF. 13 de outubro de 2021. Consultado o 13 de outubro de 2021.
  25. "„Најсреќниот човек на светот“ на Теона С. Митевска е македонски кандидат за Оскар". Nezavisen Vesnik. 23 de setembro de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2022.
  26. "Филмот "Домаќинство за почетници" е македонски кандидат за Оскар за долгометражен интернационален филм" [The film "Housekeeping for Beginners" is a Macedonian candidate for the Oscar for a feature-length international film]. МКД.мк (en macedonio). 2023-09-13. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023. Consultado o 13 de setembro de 2023.