Filmes de Xordania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xordania presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2008. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2022, Xordania presentou seis filmes para o Óscar ó mellor filme internacional, conseguindo un nomeamento na 88ª edición dos premios.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Xordania para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Título en árabe Director Resultado
2008
(81ª)
Captain Abu Raed كابتن أبو رائد Matalqa, AminAmin Matalqa Non nomeado
2015
(88ª)
Theeb[6] ذيب Nowar, Naji AbuNaji Abu Nowar
Nomeado[7]
2016
(89ª)
3000 Nights[8] 3000 ليلة Masri, MaiMai Masri Non nomeado
2020
(93ª)
200 Meters[9] 200 Meters Nayfeh, AmeenAmeen Nayfeh Non nomeado
2021
(94ª)
Amira[10] أميرة Diab, MohamedMohamed Diab Retirado[11]
2022
(95ª)
Farha[12] فرحة Nayfeh, AmeenAmeen Nayfeh Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Ritman, Alex (8 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Jordan Selects 'Theeb' for Foreign-Language Category". Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  7. Ford, Rebecca (14 de xaneiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscar Nominations: The Complete List". Consultado o 14 de xaneiro de 2016. 
  8. Ritman, Alex (27 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Jordan Selects '3000 Nights' for Foreign-Language Category". Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  9. "200 Meters to Represent Jordan for 2021 Oscars International Feature Film Award". The Royal Film Commission Jordan. 18 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  10. "Egyptian director Mohamed Diab's Amira to represent Jordan at the Oscars". Ahram Online. 11 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2022. Consultado o 15 de novembro de 2021. 
  11. Wiseman, Andreas (9 de decembro de 2021). "Jordan Withdraws Oscar Hopeful 'Amira' Following Backlash". Deadline.com (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  12. "Oscars 2023: Jordan submits ‘Farha’". Screen Daily (en inglés). 2022-09-02. Consultado o 2022-09-29.