Filmes de Turquía propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O director turco Nuri Bilge Ceylan presentou cinco dos seus filmes ó Óscar ó mellor filme internacional.

Turquía presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1964, e de xeito regular dende 1989. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

En 1982, Suíza presentou O camiño, unha produción turca dos directores turcos Şerif Gören e Yılmaz Güney, que foi levada a Suíza na fase de posprodución por motivos políticos. O mesmo país presentou en 1990 Umuda yolculuk, filme sobre refuxiados turcos con director suízo. En 2015, Francia foi candidata ao Óscar co filme Mustang, dirixido pola turco-francesa Deniz Gamze Ergüven e ambientado en Turquía.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Turquía para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1964
(37ª)
Susuz yaz Erksan, MetinMetin Erksan Non nomeado
1989
(62ª)
Uçurtmayı Vurmasınlar Başaran, TunçTunç Başaran Non nomeado
1992
(65ª)
Piyano Piyano Bacaksız Başaran, TunçTunç Başaran Non nomeado
1993
(66ª)
Mavi Sürgün Kıral, ErdenErden Kıral Non nomeado
1994
(67ª)
Manisa Tarzanı Oğuz, OrhanOrhan Oğuz Non nomeado
1997
(70ª)
Eşkıya Turgul, YavuzYavuz Turgul Non nomeado
1999
(72ª)
Salkım Hanımın Taneleri Giritlioğlu, TomrisTomris Giritlioğlu Non nomeado
2000
(73ª)
Kaç Para Kaç Erdem, RehaReha Erdem Non nomeado
2001
(74ª)
Büyük Adam Küçük Aşk IpeckiHandan İpekçi Non nomeado
2002
(75ª)
9 UnalÜmit Ünal Non nomeado
2003
(76ª)
Uzak Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan Non nomeado
2005
(78ª)
Gönül Yarası Turgul, YavuzYavuz Turgul Non nomeado
2006
(79ª)
Dondurmam Gaymak Aksu, YükselYüksel Aksu Non nomeado
2007
(80ª)
Takva Kızıltan, ÖzerÖzer Kızıltan Non nomeado
2008
(81ª)
Üç Maymun Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan
Lista curta de xaneiro
2009
(82ª)
Güneşi Gördüm Kırmızıgül, MahsunMahsun Kırmızıgül Non nomeado
2010
(83ª)
Bal Kaplanoğlu, SemihSemih Kaplanoğlu Non nomeado[6]
2011
(84ª)
Bir zamanlar Anadolu'da[7] Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan Non nomeado
2012
(85ª)
Ateşin Düştüğü Yer[8] Güneş, İsmailİsmail Güneş Non nomeado
2013
(86ª)
Kelebeğin Rüyası[9] Erdoğan, YılmazYılmaz Erdoğan Non nomeado
2014
(87ª)
Kış Uykusu[10] Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan Non nomeado
2015
(88ª)
Sivas[11] Müjdeci, KaanKaan Müjdeci Non nomeado
2016
(89ª)
Kalandar Soğuğu[12] Kara, MustafaMustafa Kara Non nomeado
2017
(90ª)
Ayla[13] Ulkay, CanCan Ulkay Non nomeado
2018
(91ª)
Ahlat Ağacı[14] Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan Non nomeado
2019
(92ª)
Baglilik Asli[15] Kaplanoğlu, SemihSemih Kaplanoğlu Non nomeado
2020
(93ª)
7. Koğuştaki Mucize[16] Mehmet Ada Öztekin Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 2011-01-19. 
  7. "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 2011-10-14. 
  8. Holdsworth, Nick (26 de setembro de 2012). "Turkey sets 'Fire' for Oscar". Variety (Reed Business Information). Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  9. "'Kelebeğin Rüyası' Oscar aday adayı". Ntvmsnbc. 4 de setembro de 2013. Consultado o 4 de setembro de 2013. 
  10. "Turkey submits Cannes winner Winter Sleep for Foreign Language Oscar". Screen Daily. Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  11. Holdsworth, Nick (17 de setembro de 2015). "Oscars: Turkey Selects 'Sivas' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  12. "Turkey submits rural drama Cold of Kalandar for this year's Oscars". Daily Sabah. 27 de setembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  13. Holdsworth, Nick (25 de agosto de 2017). "Oscars: Turkey Selects 'Ayla: The Daughter of War' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  14. Holdsworth, Nick (17 de agosto de 2018). "Oscars: Turkey Selects 'The Wild Pear Tree' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  15. "Commitment Turkey's Oscar entry". Hürriyet Daily News. 26 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  16. "Turkey nominates 'Miracle in Cell No. 7' for Oscar". Daily Sabah. 10 de novembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020.