Filmes de Suráfrica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gavin Hood foi o director do primeiro filme surafricano gañador do premio.

Suráfrica presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1989. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Dous filmes de Suráfrica foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional: Yesterday de Darrell Roodt e Tsotsi de Gavin Hood.[5][6] Tsotsi de Hood gañou o premio na 78ª edición dos premios, converténdose no primeiro e único filme surafricano en conseguilo.[6]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Suráfrica para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
1989
(62ª)
Mapantsula Zulú, afrikaans, sotho e inglés Schmitz, OliverOliver Schmitz Non nomeado
1997
(70ª)
Paljas Afrikaans Heyns, KatinkaKatinka Heyns Non nomeado
2004
(77ª)
Yesterday Zulú Roodt, DarrellDarrell Roodt
Nomeado
2005
(78ª)
Tsotsi Sotho, tswana, afrikaans e inglés Hood, GavinGavin Hood Premio da Academia
2008
(81ª)
Jerusalema Sotho, inglés e tsotsitaal Ziman, RalphRalph Ziman Non nomeado
2009
(82ª)
White Wedding Zulú, xosa, afrikaans e inglés Turner, JannJann Turner Non nomeado
2010
(83ª)
Life, Above All Sotho do norte Schmitz, OliverOliver Schmitz
Lista curta de xaneiro[8]
2011
(84ª)
Skoonheid[9] Afrikaans Hermanus, OliverOliver Hermanus Non nomeado
2012
(85ª)
Little One[10] Zulú Roodt, DarrellDarrell Roodt Non nomeado
2013
(86ª)
Four Corners[11] Afrikaans Gabriel, IanIan Gabriel Non nomeado
2014
(87ª)
Elelwani[12] Venda wa Luruli, NtshavheniNtshavheni wa Luruli Non nomeado
2015
(88ª)
Thina Sobabili: The Two of Us[13] Zulú Nkosi, ErnestErnest Nkosi Non nomeado
2016
(89ª)
Noem My Skollie[14] Afrikaans Joshua, DaryneDaryne Joshua Non nomeado
2017
(90ª)
Inxeba[15] Xosa Trengove, JohnJohn Trengove
Lista curta de decembro[16]
2018
(91ª)
Sew the Winter to My Skin[17] Afrikaans, xosa e inglés Qubeka, Jahmil X.T.Jahmil X.T. Qubeka Non nomeado
2019
(92ª)
Knuckle City[18] Xosa Qubeka, Jahmil X.T.Jahmil X.T. Qubeka Non nomeado
2020
(93ª)
Toorbos[19] Afrikaans Rene van Rooyen Non nomeado
2021
(94ª)
Barakat[20] Afrikaans e inglés Jephta, AmyAmy Jephta Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. BBC, ed. (25 de xaneiro de 2005). "Oscars 2005: The Nominees". Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  6. 6,0 6,1 Zomorodi, Manoush (6 de marzo de 2006). BBC, ed. "Tsotsi takes foreign film Oscar". Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  7. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  8. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 2011-01-19. 
  9. "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 2011-10-14. 
  10. Vourlias, Christopher (28 de setembro de 2012). "S. Africa picks 'Little One' for Oscar nom". Variety (Reed Business Information). Consultado o 28 de setembro de 2012. 
  11. "South Africa Picks 'Four Corners' for Oscar". Variety. Consultado o 2013-09-20. 
  12. "Elelwani, the first Tshivenda film selected as South Africa's Oscars entry". National Film and Video Foundation. Consultado o 1 de outubro de 2014. 
  13. Vourlias, Christopher (22 de setembro de 2015). "South Africa Sets Drama for Foreign-language Oscar Race". Variety. Consultado o 22 de setembro de 2015. 
  14. "'Call Me Thief' Is South Africa's 2017 Foreign Language Film Academy Award Submission". Shadow and Act. 27 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  15. Vourlias, Christopher (1 de outubro de 2017). "South Africa Enters 'The Wound' in Foreign-Language Oscar Race". Variety. Consultado o 1 de outubro de 2017. 
  16. Pond, Steve (14 de decembro de 2017). "Oscars Foreign Language Shortlist Includes 'The Square,' 'A Fantastic Woman'". The Wrap. Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  17. "South Africa's official selection to the 91st Annual Academy Awards (Oscars) Best Foreign Language Film". National Film and Video Foundation. 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  18. "Oscars: South Africa Selects 'Knuckle City' for International Feature Film Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  19. "Toorbos to be SA's entry for the 93rd Academy Awards". Channel24. 17 de novembro de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  20. Szalai, Georg (8 de novembro de 2021). "Oscars: South Africa Picks 'Barakat' for International Feature Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 8 de novembro de 2021.