Lingua coreana
Coreano 한국어, 조선말 | ||
---|---|---|
Pronuncia: | Hangugeo, Chosŏnmal | |
Outros nomes: | 국어(國語) gugeo. Coloquialmente tamén 우리말 urimal | |
Falado en: | Corea do Norte, Corea do Sur, China e comunidades de inmigrantes coreanos en diversos países | |
Total de falantes: | Cerca de 78 millóns | |
Posición: | 17 | |
Familia: | Illada ou talvez Altaica (controverso) Coreano | |
Escrita: | hangul, hanja | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Corea do Norte e Corea do Sur. Rexional: China. | |
Regulado por: | En Corea do Sur, o Instituto Nacional da Lingua Coreana (국립국어원/國立國語院) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ko
| |
ISO 639-2: | kor | |
ISO 639-3: | kor
| |
SIL: | KKN
| |
![]() |
A lingua coreana[1] fálase principalmente na Corea, sendo o idioma oficial da Corea do Norte e da Corea do Sur. Ademais de nas dúas Coreas, o coreano tamén se utiliza na rexión autónoma de Yanbian (연변/延邊) situada ao sur da provincia de Heilongjiang en China. Estímase que existen arredor duns 80 millóns de persoas que falan coreano no mundo.
O sistema de escrita coreano chámase de hangul, que é un alfabeto fonético e o hanja, constituído por caracteres sino-coreanos.
O alfabeto coreano constitúese de palabras silabarias. O hangul é un alfabeto inventado na dinastía do Rei Sejong no 1214, que encomendou o alfabeto a universitarios, pois ata entón na Corea só se usaba o hanja (caracteres chineses). Este alfabeto rexeitouse nun comezo ao achar máis sofisticado usar os caracteres chineses e só se popularizou no comezo do século XX, coa chegada da educación en masa na Corea. O hangul ao contrario dos kanas xaponeses (hiragana e katakana) componse verdadeiramente de consoantes e vogais, formando un alfabeto de feito.
Clasificación lingüística[editar | editar a fonte]
Non hai un consenso entre os lingüistas sobre a clasificación da lingua coreana, e por iso é frecuentemente clasificado como lingua illada. Entrementres, hai certos indicios dun parentesco distante coas linguas altaicas. Presenta unha similariedade coa lingua xaponesa, con numerosas semellanzas gramaticais e fenómenos como a harmonía vocálica. Comparte tamén partículas idénticas (ga, ka, e), formación gramatical igual: Suxeito-Obxecto-Verbo. O hangugo (lingua coreana) componse de máis diversidade sonora que o nihongo (lingua xaponesa). A pesar de ter numerosos empréstimos do chinés (máis dun 50% do vocabulario), é un consenso entre todos os lingüistas que o chinés e o coreano non teñen parentesco lingüístico.
Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]
Segundo a Enciclopedia Británica, o coreano é falado por máis de 75 millóns de persoas no mundo. Os cinco países con maior número de falantes son:[2]
País | Número de falantes |
---|---|
![]() |
48 000 000 |
![]() |
25 000 000 |
![]() |
2 000 000 |
![]() |
1 000 000 |
![]() |
500 000 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coreano.
- ↑ "Korean language - History, Characteristics, & Facts". Britannica. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua coreana |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Introdución á lingua coreana na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.