Filmes de Paraguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Paraguai presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 2015.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódalos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Paraguai para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2015
(88ª)
El tiempo nublado[3] Castelán Ullon, AramiArami Ullon Non nomeado
2017
(90ª)
Los Buscadores[7] Castelán Maneglia, Juan CarlosJuan Carlos Maneglia, Tana Schembori Non nomeado
2018
(91ª)
Las herederas[8] Castelán Martinessi, MarceloMarcelo Martinessi Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Variety, ed. (3 de setembro de 2015). "Oscars: Paraguay Selects 'Cloudy Times' as its Academy Award Entry". Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  7. ABC.com, ed. (26 de setembro de 2017). "Paraguay postula "Los Buscadores" para los Óscar". Consultado o 26 de setembro de 2017. 
  8. Mango, Agustin (10 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Paraguay Selects 'The Heiresses' for Foreign-Language Category". Consultado o 10 de setembro de 2018.