Filmes de Malaisia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Malaisia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez dende o ano 2004. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2019, un total de cinco filmes foron presentados para Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. Puteri Gunung Ledang foi o primeiro filme en ser proposto para o ano 2003, e dende entón ningún outro filme foi proposto até o ano 2012, un filme dirixido por Dain Said e titulado Bunohan.

Na 88ª edición dos Óscar, Lelaki Harapan Dunia foi decidido pola Corporación de Desenvolvemento Nacional de Cinema de Malaisia (FINAS), afiliado co Ministerio de Comunicación e Multimedia de Malaisia.[5]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Malaisia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Lista de filmes propostos
Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
2004
(77ª)
Puteri Gunung Ledang Saw Teong Hin Non nomeado
2012
(85ª)
Bunohan[7] Dain Said Non nomeado
2015
(88ª)
Lelaki Harapan Dunia[8] Liew Seng Tat Non nomeado
2016
(89ª)
Redha[9] Tunku Mona Riza Non nomeado
2019
(92ª)
M for Malaysia[10] Dian Lee, Ineza Roussille Non nomeado
2020
(93ª)
Roh[11] Emir Ezwan Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Patrick Brzeski. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Malaysia Submits 'Men Who Save The World' for Foreign-Language Category". Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  7. "71 Countries Vie for 2012 Foreign Language Film Oscar®". 8 de outubro de 2012. 
  8. Malay Mail Online, ed. (25 de setembro de 2015). "Liew Seng Tat's 'Lelaki Harapan Dunia' is Malaysia's pick as Oscar entry". Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  9. Chua, Dennis (4 de outubro de 2016). New Straits Times, ed. "'Redha' to compete at next year's Academy Awards". Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  10. Pedersen, Erik (7 de outubro de 2019). Deadline.com, ed. "Oscars: 93 Countries In Running For International Feature Film Race". Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  11. Begum, Mumtaj (4 de novembro de 2020). "Malaysia submits horror flick 'Roh' for 2021 International Feature Film Oscar race". The Star. Consultado o 4 de novembro de 2020.