Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nikita Mikhalkov, director do filme gañador

Os seguintes 46 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 67ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Bélxica, Cuba, Macedonia, Taiwán e Rusia. O galardón recaeu sobre Rusia, co filme Utomlyonnye solntsem.[1]

Belarús, Bosnia, Camboxa, Guatemala, Macedonia e Serbia presentaron filmes por primeira vez. Tamén competiron por primeira vez as repúblicas Checa e Eslovaca.

O director polaco Krzysztof Kieślowski orixinalmente tiña dous filmes a competición, xa que Polonia e Suíza presentaron dous filmes da súa triloxía Trois couleurs. Un dos filmes favoritos, o suízo Rouge foi descualificado nunha decisión controvertida da Academia que determinou que aínda que estaba coproducido por Suíza, estaba ambientado no país e tiña un grande elenco de actores suízos, era unha produción maioritariamente francesa.[2][3] Miramax Films tratou de que a Academia cambiase de opinión sen conseguilo. Non obstante, era elixible nas demais categorías e recibiu tres candidaturas: mellor director, mellor fotografía e mellor guión orixinal. Blanc, de Polonia, non foi candidato.

Propostas[editar | editar a fonte]

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
Alemaña Alemaña Das Versprechen Alemán Margarethe von Trotta Non nomeado
Alxeria Automne... Octobre à Alger Árabe Malik Lakhdar-Hamina Non nomeado
Arxentina Una sombra ya pronto serás Castelán Héctor Olivera Non nomeado
Austria Austria Ich gelobe Alemán Wolfgang Murnberger Non nomeado
 Belarús Moi Ivan, toi Abraham Yiddish, polaco e ruso Yolande Zauberman Non nomeado
Bélxica Bélxica Farinelli Francés e italiano Gérard Corbiau
Nomeado
 Bosnia e Hercegovina Magareće godine Serbocroata Nenad Dizdarević Non nomeado
Camboxa Neak sre Khmer Rithy Panh Non nomeado
Canadá Mon amie Max Francés Michel Brault Non nomeado
República Checa República Checa Lekce Faust Checo Jan Švankmajer Non nomeado
Chile Amnesia Castelán Gonzalo Justiniano Non nomeado
Colombia La estrategia del caracol Castelán Sergio Cabrera Non nomeado
 Corea do Sur Hollywood Kid Eu Saeng-ae Coreano Chung Ji-young Non nomeado
Croacia Croacia Vukovar se vraća kući Serbocroata Branko Schmidt Non nomeado
Cuba Fresa y chocolate Castelán Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío
Nomeado
Dinamarca Dinamarca Min fynske barndom Dinamarqués Erik Clausen Non nomeado
Eslovaquia Eslovaquia Anjel milosrdenstva Checo e eslovaco Miloslav Luther Non nomeado
Eslovenia Eslovenia Morana Esloveno Aleš Verbič Non nomeado
España España Canción de cuna Castelán José Luis Garci Non nomeado
Exipto Exipto Ard el ahlam Árabe Daoud Abdel Sayed Non nomeado
Francia Les Roseaux sauvages Francés André Téchiné Non nomeado
Guatemala El silencio de Neto Castelán Luis Argueta Non nomeado
 Hong Kong Tiānguó nìzǐ Mandarín Yim Ho Non nomeado
Hungría Hungría Woyzeck Húngaro János Szász Non nomeado
India India Bandit Queen Hindi Shekhar Kapur Non nomeado
Irán Through the Olive Trees Persa Abbas Kiarostami Non nomeado
Islandia Islandia Bíódagar Islandés Friðrik Þór Friðriksson Non nomeado
Israel Sh'Chur Hebreo Shmuel Hasfari Non nomeado
Italia Italia Lamerica Italiano e albanés Gianni Amelio Non nomeado
Macedonia do Norte Macedonia do Norte Before the Rain Macedonio, albanés e inglés Milcho Manchevski
Nomeado
México Principio y fin Castelán Arturo Ripstein Non nomeado
Noruega Noruega Ti kniver i hjertet Noruegués Marius Holst Non nomeado
Países Baixos Países Baixos 06 Neerlandés Theo van Gogh Non nomeado
Perú Sin compasión Castelán Francisco José Lombardi Non nomeado
Polonia Polonia Trzy kolory. Biały Polaco e francés Krzysztof Kieślowski Non nomeado
Porto Rico Linda Sara Castelán Jacobo Morales Non nomeado
Portugal Portugal Três Palmeiras Portugués João Botelho Non nomeado
Romanía Romanía Pepe și Fifi Romanés Dan Pița Non nomeado
Rusia Rusia Utomlyonnye solntsem Ruso Nikita Mikhalkov Premio da Academia
 Serbia Vukovar, jedna priča Serbocroata Boro Drašković Non nomeado
Suecia Suecia Sista Dansen Sueco Colin Nutley Non nomeado
Suíza Suíza Trois couleurs: Rouge Francés Krzysztof Kieślowski Descualificado[4]
Taiwán Eat Drink Man Woman Mandarín Ang Lee
Nomeado
Turquía Turquía Manisa Tarzanı Turco Orhan Oğuz Non nomeado
 Venezuela Golpes a mi puerta Castelán Alejandro Saderman Non nomeado
 Xapón Pom Poko Xaponés Isao Takahata Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 67th Academy Awards (1995) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  2. Corliss, Richard (5 de decembro de 1994). "CINEMA: When the Judge Is Guilty". Time. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de maio de 2010. 
  3. "This year's foreign Oscar race reflects a growingly global medium". Hitfix. Consultado o 1 de outubro de 2015. 
  4. Descualificado pola Academia por non ser unha produción maioritariamente suíza; Suíza declinou enviar outro filme.