Saltar ao contido

Filmes de Mongolia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Byambasuren Davaa, codirectora de The Story of the Weeping Camel, proposto para o premio e candidato ao Óscar ao mellor documental

Mongolia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2003. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Ata o ano 2023, Mongolia presentou oito filmes para a súa consideración, aínda que ningún deles saíu nomeado. Porén, The Story of the Weeping Camel presentouse el mesmo na categoría do Óscar ó mellor documental o ano seguinte e saíu nomeado. As primeiras dúas propostas de Mongolia foron coproducións con Alemaña, dirixidos ou codirixidos por Byambasuren Davaa e foron rodados en lingua mongol.

Propostas

[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Mongolia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
2003
(76ª)
The Story of the Weeping Camel Byambasuren Davaa e Luigi Falorni Non nomeado
2005
(78ª)
The Cave of the Yellow Dog Byambasuren Davaa Non nomeado
2009
(82ª)
By the Will of Genghis Khan Andrei Borissov Descualificado
2017
(90ª)
The Children of Genghis[6] Zolbayar Dorj Non nomeado
2019
(92ª)
The Steed[7] Erdenebileg Ganbold Non nomeado
2020
(93ª)
Die Adern der Welt[8] Byambasuren Davaa Non nomeado
2022
(95ª)
Ergej irekhgüi namar Amarsaikhan Baljinnyam Non nomeado
2023
(96ª)
Sèr sèr salkhi[9] Lkhagvadulam Purev-Ochir Non nomeado
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Kilday, Gregg (5 de outubro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 92 Films Submitted in Foreign-Language Category". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  7. Pedersen, Erik (7 de outubro de 2019). Deadline.com, ed. "Oscars: 93 Countries In Running For International Feature Film Race". Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  8. Pond, Steve (8 de xaneiro de 2021). "Oscars International Race Breaks Record With 93 Entries". The Wrap. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  9. "Oscars 2024 : Une coproduction majoritaire française pour la Mongolie". Le Film Français (en francés). Arquivado dende o orixinal o 2023-10-05. Consultado o 2023-10-03.