Joyeux Noël

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joyeux Noël
Ficha técnica
Título orixinalJoyeux Noël
DirectorChristian Carion
ProdutorChristophe Rossignon
Benjamin Herrmann
GuiónChristian Carion
IntérpretesBenno Fürmann
Guillaume Canet
Daniel Brühl
Diane Kruger
Gary Lewis
Alex Ferns
MúsicaPhilippe Rombi
FotografíaWalther Vanden Ende
MontaxeJudith Rivière Kawa
Andrea Sedlácková
DistribuidoraUGC Fox Distribution
(Francia)
Sony Pictures Classics
(USA)
Estrea9 de novembro de 2005
Duración116 minutos
Orixe Francia
Alemaña Alemaña
Reino Unido Reino Unido
Bélxica Bélxica
Romanía Romanía
XéneroDrama e bélico
Orzamento22 millóns de dólares
Recadación17 709 155 dólares[1]
Na rede
http://www.joyeuxnoel-lefilm.com
IMDB: tt0424205 Filmaffinity: 744130 Allocine: 56539 Rottentomatoes: m/joyeux_noel Mojo: merrychristmas Allmovie: v327278 TCM: 629175 Metacritic: movie/merry-christmas TV.com: movies/joyeux-noel Netlix: 70035181Editar o valor em Wikidata

Joyeux Noël é un filme de 2005 escrito e dirixido por Christian Carion.[2] É unha coprodución europea entre Francia, Alemaña, o Reino Unido, Bélxica e Romanía. Baséase na tregua de Nadal ocorrida en decembro de 1914, a través dos ollos de soldados franceses, alemáns e escoceses. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2005.[3]

O filme, que inclúe unha das últimas aparicións de Ian Richardson antes da súa morte, foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Chega a Francia o frío decembro de 1914 e a neve acumúlase nas trincheiras opostas que separan as tropas alemás por un lado, e as francesas e escocesas polo outro. Durante a noiteboa cada bando celebra a festa coas súas propias cancións e escoita os aplausos espontáneos procedentes das trincheiras inimigas. Cando chega a quenda dos alemáns, un tenor de ópera mobilizado no exército salta o guión e sae da trincheira cun abeto de Nadal na man e entra na terra de ninguén cantando unha panxoliña. Asombrados, os soldados escoceses responden a esta ousadía poñendo o son das súas gaitas ao servizo do tenor, comezando así o primeiro acto de fraternidade entre os dous bandos, que remata con grandes aplausos entre todos.

Os superiores das tres unidades diferentes reúnense entón e acordan un alto o fogo para o Nadal. Durante a tregua, os soldados dos tres exércitos diferentes protagonizan varios episodios de fraternidade entre si e mesmo amplían a tregua ao día seguinte para que as tres partes recuperen e enterren todos os cadáveres que están no campo de batalla. Non obstante, unha vez iniciada a tregua, tanto os soldados como os superiores xa non poden volver ás armas para loitar en nome dunha guerra que non entenden, e os actos de fraternidade prolónganse.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joyeux Noël (2005)". Box Office Mojo. Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  2. "Joyeux Noël (2005)". Internet Movie Database. Consultado o 11 de novembro de 2009. 
  3. "Festival de Cannes: Joyeux Noël". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]