Filmes de Irlanda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Irlanda presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2007. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] Malia que Irlanda ten unha próspera industria cinematográfica, a maioría dos filmes son producidos en inglés e polo tanto non poden ser elixidos para o premio. Até o ano 2022, presentáronse nove filmes irlandeses ó Óscar ó mellor filme internacional, e un deles, An Cailín Ciúin foi nomeado na 95ª edición dos Óscar. A Academia Irlandesa de Cinema e Televisión (IFTA polas súas siglas en inglés) é a encargada de presentar os candidatos de Irlanda.[4]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Irlanda para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2007
(80ª)
Kings Irlandés, inglés Collins, TommyTommy Collins Non nomeado
2011
(84ª)
As If I Am Not There[6] Serbocroata Wilson, JuanitaJuanita Wilson Non nomeado
2014
(87ª)
An Bronntanas[7] Irlandés Collins, TommyTommy Collins Non nomeado
2015
(88ª)
Viva[4] Castelán Breathnach, PaddyPaddy Breathnach
Lista curta de decembro[8]
2017
(90ª)
Song of Granite[9] Irlandés Collins, PatPat Collins Non nomeado
2019
(92ª)
Gaza[10] Árabe Garry Keane e Andrew McConnell Non nomeado
2020
(93ª)
Arracht[11] Irlandés Tomás Ó Súilleabháin Non nomeado
2021
(94ª)
Foscadh[12] Irlandés Seán Breathnach Non nomeado
2022
(95ª)
An Cailín Ciúin[13] Irlandés Colm Bairéad
Nomeado[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Ritman, Alex (17 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Ireland Selects 'Viva' For Foreign-Language Category". Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  7. Derry Journal (ed.). "Derry director's film singled out for Oscars". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  8. Oscars, ed. (17 de decembro de 2015). "9 Foreign Language Films Advance In Oscar Race". Consultado o 18 de decembro de 2015. 
  9. Clarke, Stewart (8 de setembro de 2017). Variety, ed. "'Song of Granite' Is Ireland's Entry in the Foreign-Language Oscar Race". Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  10. Quann, Jack (4 de outubro de 2019). Newstalk, ed. "Ireland to submit 'Gaza' documentary for foreign language Oscar". Consultado o 4 de outubro de 2019. 
  11. Ramachandran, Naman (24 de novembro de 2020). "Ireland Picks 'Arracht' for Oscars' International Feature Film Race". Variety. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  12. "Irish-language drama makes its bid for Oscars glory". RTE. 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  13. Ramachandran, Naman (2 de agosto de 2022). "Oscars Race: Ireland Submits ‘The Quiet Girl’ for Best International Feature Film". Variety. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  14. "Oscars 2023: Record 14 Irish nominations as The Banshees of Inisherin and An Cailín Ciúin lead charge". The Irish Times. 24 de xaneiro de 2023.