La sombra del caminante
| La sombra del caminante | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
La sombra del caminante é un filme colombiano de 2004 escrito e dirixido por Ciro Guerra.[1] Está protagonizada por Lowin Allende, César Badillo e Julián Díaz.[2] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mañe (César Badillo) é un home nunha difícil situación económica. Perdeu unha perna e está desempregado, non ten cartos para o alugueiro e é vítima de chacotas e abusos dos rapaces da súa comunidade. Mentres percorre as rúas na procura dunha fonte de ingresos, coñece un estraño home iletrado (Ignacio Prieto), que se dedica a cargar xente no lombo polo centro de Bogotá, cobrando 500 pesos. Pola maneira en que se poden axudar o un ó outro, ámbolos dous homes estabelecen unha amizade que fai a súa vida máis levadía e permítelles compartir os seus problemas persoais. Porén, os dous comparten un pasado violento produto do conflito armado. Este pasado úneos e sepáraos ó mesmo tempo, agás a esperanza dun novo comezo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Wandering Shadows | Tribeca Film Festival". Tribeca. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ Silva Romero, Ricardo (17 de abril de 2005). "La sombra del caminante". Revista Semana (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2017.
- ↑ Filmaffinity (ed.). "La sombra del caminante" (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La sombra del caminante na IMDb (en inglés).