Filmes de Acerbaixán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Acerbaixán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2007. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2017, sete filmes de Acerbaixán foron propostos para o Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.[5][6][7]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Acerbaixán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua Director Resultado
2007
(80ª)
Qafqaz Ruso Gumbatov, FaridFarid Gumbatov Non nomeado
2008
(81ª)
Qala Azarí Najafzadeh, ShamilShamil Najafzadeh Non nomeado
2010
(83ª)
Sahə[9] Azarí, ruso Safat, IlgarIlgar Safat Non nomeado
2012
(85ª)
Buta[10] Azarí Najaf, IlgarIlgar Najaf Non nomeado
2013
(86ª)
Çölçü[11] Azarí Aliyev, ShamilShamil Aliyev Non nomeado
2014
(87ª)
Nabat[12] Azarí Musaoglu, ElchinElchin Musaoglu Non nomeado
2017
(90ª)
Nar bağı[13] Azarí Najaf, IlgarIlgar Najaf Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Yahoo! Movies, ed. (17 de outubro de 2007). "A Record 63 Countries Vying For Best Foreign-Language Oscar Nod". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008. Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  6. Gaydos, Steven; McCarthy, Libby (15 de xaneiro de 2008). "Oscar's foreign film race heats up". Variety. Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  7. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar® Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  8. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  9. today.az (ed.). "Azerbaijani film "The Precinct" showing date revealed". Consultado o 28 de setembro de 2010. 
  10. Variety (ed.). "Ukraine, Azerbaijan pick Oscar entries: Illienko's 'Firecrosser,' Najaf's 'Buta' selected". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2012. 
  11. News.Az (ed.). "Azerbaijani film in competition for 2013 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 8 de outubro de 2013. 
  12. News.az (ed.). "Azerbaijani film presented to Oscar". Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  13. Azer News, ed. (18 de agosto de 2017). "Azerbaijan sends "Pomegranate Orchard" to Oscar". Consultado o 18 de agosto de 2017.