Filmes de Afganistán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Afganistán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2002, despois da caída do goberno talibán. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2019, Afganistán presentou catorce filmes ó Óscar ó mellor filme internacional mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Afganistán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2002 (75ª) |
Fire Dancer | Dari, inglés | Jawed Wassel | Non nomeado |
2003 (76ª) |
Osama | Dari | Siddiq Barmak | Non nomeado |
2004 (77ª) |
Khakestar-o-khak | Dari, paxto | Atiq Rahimi | Non nomeado |
2008 (81ª) |
Opium War | Dari, inglés | Siddiq Barmak | Non nomeado |
2009 (82ª) |
16 Days in Afghanistan | Dari, inglés, paxto | Anwar Hajher | Non nomeado |
2010 (83ª) |
The Black Tulip[6] | Dari, paxto, inglés | Sonia Nassery Cole | Non nomeado[7][8] |
2012 (85ª) |
Sang-e saboor[9] | Persa | Atiq Rahimi | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Wajma[10] | Dari | Barmak Akram | Non nomeado |
2014 (87ª) |
Chand metre moka'ab eshgh[11] | Persa | Jamshid Mahmoudi | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Utopia[12] | Persa | Hassan Nazer | Descualificado[13] |
2016 (89ª) |
Raftan[14] | Persa, dari | Navid Mahmoudi | Non apareceu na lista final[15] |
2017 (90ª) |
Namai ba rahis gomhor[16] | Dari | Roya Sadat | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Rona, madar-e Azim[17] | Persa, dari | Jamshid Mahmoudi | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Hava, Maryam, Ayesha[18] | Persa, dari | Sahraa Karimi | Non elixible[19] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ reuters, ed. (23 de setembro de 2010). "Afghan Oscar contender aims to show more than war". Consultado o 28 de setembro de 2010.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "2010-2011 Foreign Language Film Award Screening Schedule". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2009. Consultado o 20 de decembro de 2010.
- ↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar® Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ Le Pacte (ed.). "Oscars: The Patience Stone chosen to be the Afghan entry!". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2012.
- ↑ Afghan Culture Museum (ed.). "Wajma, an Afghan love story". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 1 de outubro de 2013.
- ↑ Iran Daily (ed.). "Iranian-Afghan movie submitted to Oscar". Consultado o 13 de setembro de 2014.
- ↑ Ramachandran, Naman (23 de setembro de 2015). Variety, ed. "Afghanistan Chooses 'Utopia' for the Oscars". Consultado o 23 de setembro de 2015.
- ↑ Feinberg, Scott (15 de novembro de 2015). Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Academy Disqualifies Afghan Foreign Language Entry 'Utopia'". Consultado o 22 de setembro de 2018.
- ↑ Bhushan, Nyay (12 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Afghanistan Selects 'Raftan' for Foreign-Language Category". Consultado o 12 de setembro de 2016.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (11 de outubro de 2016). "85 Countries In Competition For 2016 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ Fratter, Patrick (26 de setembro de 2017). Variety, ed. "Afghanistan Sends 'A Letter' to Oscars". Consultado o 26 de setembro de 2017.
- ↑ The Tehran Times, ed. (9 de outubro de 2018). "Afghanistan sends Afghan-Iranian movie "Rona, Azim's Mother" to Oscars". Consultado o 9 de outubro de 2018.
- ↑ McNary, Dave (27 de setembro de 2019). Variety, ed. "Oscars: Afghanistan Chooses Hava, Maryam, Ayesha for International Feature Film Entry". Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ Pedersen, Erik (7 de outubro de 2019). Deadline.com, ed. "Oscars: 93 Countries In Running For International Feature Film Race". Consultado o 7 de outubro de 2019.