Lingua zulú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zulú
isiZulu
Falado en: Suráfrica, Cimbabue, Lesoto, Malaui, Mozambique, Suacilandia
Rexións: KwaZulu-Natal, leste de Gauteng, leste do Estado Libre, sur de Mpumalanga
Total de falantes: 11,97 millóns (2011)
15,7 millóns (2002) como segunda lingua[1]
Familia: Nixero-congolesa
 Atlántico-congolesa
  Benue-congolesa
   Bantoide meridional
    Bantú
     Bantú meridional
      Nguni
       Zunda
        Zulú
Escrita: Latina
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Sudáfrica Suráfrica
Regulado por: Pan South African Language Board
Códigos de lingua
ISO 639-1: zu
ISO 639-2: zul
ISO 639-3: zul
South Africa 2011 Zulu speakers proportion map.svg

O zulú (en zulú, isiZulu) é unha lingua africana da familia nguni, que pertence ao grupo bantú, falada pola xente do pobo zulú. Fálana uns 10 millóns de persoas, que nun 95% viven en Suráfrica, onde é un dos 11 idiomas africanos oficiais desde 1994 e fálao o 25% da poboación. Ensínase en zulú na educación primaria e secundaria e tamén se editan libros e revistas.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O zulú fálase nas provincias de KwaZulu-Natal (81% dos habitantes), Mpumalanga (26%) e Gauteng (21%). Tamén se fala noutros países africanos, como Lesotho e Suazilandia. As linguas ndebele, falada en Cimbabue, e swazi e máis a fala nguni de Malawi son moi próximas ao zulú. O xosa, lingua predominante no Cabo Oriental, e o zulú son mutuamente intelixíbeis.

Normativa[editar | editar a fonte]

En 1859 apareceu a primeira gramática da lingua zulú.

Actualmente a institución encargada de regular a lingua escrita é o Zulu Language Board" (Instituto da Lingua Zulú) de KwaZulu-Natal.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

  • Ten 7 sons vocálicos: os 5 fonemas simples [a], [e], [i], [o], [u], ademais do e neutro e o o aberto.
  • Dúas semivogais ([w], [j]).
  • Entre as consoantes son característicos os 15 sons aspirados ou nasalizados denominados clics.
  • É unha lingua tonal, o que implica que o significado dunha palabra depende do ton con que se pronuncie.

Algúns aspectos gramaticais[editar | editar a fonte]

  • A orde da frase é tipo SVO: suxeito + verbo + obxecto (complemento).
  • Morfoloxicamente é unha lingua aglutinante.
  • O substantivo consta de prefixo e radical: hai 15 prefixos diferentes, 13 dos cales se usan actualmente e os outros dous son arcaísmos. O plural expresase cun prefixo, por exemplo: inja "can" – izinja "cans".
  • Verbo:
    • No tempo de presente, os verbos regulares acaban en -a: sebenza "eu traballo".
    • No tempo pasado, o verbo acaba en -e: umlimi ulime izinsimu "O labrador cultiva os campos".
    • O futuro indícase coa partícula zo infixada no verbo: Abafundi bazofunda amabhuku "Os estudantes lerán os libros".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Webb, Vic. 2002. "Language in South Africa: the role of language in national transformation, reconstruction and development." Impact: Studies in language and society, 14:78

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua zulú.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Doke, C.M. (1947) Text-book of Zulu grammar. London: Longmans, Green and Co.
  • Wilkes, Arnett, Teach Yourself Zulu. ISBN 0-07-143442-9
  • Nyembezi, C.L.S. (1957) Learn Zulu. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0237-1
  • Nyembezi, C.L.S. (1970) Learn More Zulu. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0278-9
  • Doke, C.M. (1958) Zulu-English Vocabulary. Johannesburg: Witwatersrand University Press. ISBN 0-85494-009-X
  • Dent, G.R. and Nyembezi, C.L.S. (1959) Compact Zulu Dictionary. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0760-8
  • Dent, G.R. and Nyembezi, C.L.S. (1969) Scholar's Zulu Dictionary. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0718-7
  • Doke, C.M. (1953) Zulu-English Dictionary. Johannesburg: Witwatersrand University Press. ISBN 1-86814-160-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]