Este artigo amosa escritos mongois. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O mongol[1] (en escritura mongol: ,[2]Mongɣol kele; en mongol cirílico: Монгол хэл, Mongol khel) é a lingua propia do pobo mongol, a lingua oficial de Mongolia e a máis coñecida da familia lingüística mongol. O número de falantes de tódolos dialectos chega ós 5,2 millóns, incluíndo os habitantes de Mongolia e ós residentes da Mongolia Interior, unha rexión autónoma de China.[3] En Mongolia, o dialecto khalkha, escrito en cirílico (e outrora en alfabeto latino), é o predominante, mentres que en Mongolia Interior, a lingua é máis diversa dialectalmente e escríbese na escritura mongol.