Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 34ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ingmar Bergman, director do filme gañador.

seguintes 13 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 34ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, o Xapón, México, España e Suecia. por segundo ano consecutivo, o Óscar recaeu nun filme de Ingmar Bergman en representación de Suecia, desta volta Como nun espello.[1]

A Arxentina, Austria e Suíza presentaron os seus filmes por vez primeira. Francia e Italia non conseguiron ser nomeados por primeira vez dende a introdución da categoría.

Propostas

[editar | editar a fonte]
PaísTítuloLingua(s)Director(es)Resultado
ArxentinaPiel de veranoCastelánLeopoldo Torre Nilsson Non nomeado
Austria AustriaJedermannAlemánGottfried Reinhardt Non nomeado
Dinamarca DinamarcaHarry og kammertjenerenDinamarquésBent Christensen
Nomeado
 EspañaPlácidoCastelánLuis García Berlanga
Nomeado
 ExiptoWa IslamahÁrabeEnrico Bomba e Andrew Marton Non nomeado
 FilipinasThe Moises Padilla StorytagaloGerardo de León Non nomeado
FranciaL'Année dernière à MarienbadFrancésAlain Resnais Non nomeado
India IndiaStreeHindiRajaram Vankudre Shantaram Non nomeado
Italia ItaliaA noiteItalianoMichelangelo Antonioni Non nomeado
 MéxicoÁnimas TrujanoCastelánIsmael Rodríguez
Nomeado
Suecia SueciaComo nun espelloSuecoIngmar Bergman Premio da Academia
Suíza SuízaDie Schatten werden längerAlemánLadislao Vajda Non nomeado
 XapónEien no HitoXaponésKeisuke Kinoshita
Nomeado
  1. oscars.org (ed.). "The 34th Academy Awards (1962) Nominees and Winners". Consultado o 29 de outubro de 2011.