Saltar ao contido

Filmes de Porto Rico propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Porto Rico presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1986. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Os candidatos de Porto Rico eran escollidos pola Corporación de Cinema de Porto Rico.[5] Porén, o territorio xa non ten permitido presentar filmes xa que a Academia modificou as regras de tal xeito que os protectorados estadounidenses non poden participar.[6]

Propostas

[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Porto Rico para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
TítuloDirectorResultado
1986
(59ª)
La gran fiesta Marcos Zurinaga Non nomeado
1988
(61ª)
Tango Bar Marcos Zurinaga Non nomeado
1989
(62ª)
Lo que le pasó a Santiago Jacobo Morales
Nomeado
1994
(67ª)
Linda Sara Jacobo Morales Non nomeado
1998
(71ª)
Héroes de otra patria Iván Dariel Ortíz Non nomeado
2001
(74ª)
12 horas Raúl Marchand-Sánchez Non nomeado
2005
(78ª)
Cayo Vicente Juarbe Non nomeado
2006
(79ª)
Ladrones y mentirosos Ricardo Méndez Matta Non nomeado
2007
(80ª)
Maldeamores Mariem Perez e Carlitos Ruíz Non nomeado
2009
(82ª)
Kabo & Platon Edmundo H. Rodríguez Non nomeado
2010
(83ª)
Miente Rafi Mercado Non nomeado[8]
2011
(84ª)
América Sonia Fritz Descualificado[9]
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
  3. 1 2 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
  5. "Terra - Notícias, esportes, coberturas ao vivo, diversão e estilo de vida". Terra.
  6. Variety, ed. (7 de outubro de 2011). "Oscar rejects". Consultado o 7 de outubro de 2011.
  7. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
  8. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
  9. Variety, ed. (13 de outubro de 2011). "Academy unveils 63 foreign Oscar entries". Consultado o 13 de outubro de 2011.