Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 31ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacques Tati, director do filme gañador.

Os seguintes 10 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 31ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Italia, España, Alemaña Occidental e Iugoslavia. Francia gañou o seu primeiro premio co filme Meu tío (Mon oncle), unha comedia con pouco diálogo.[1]

Exipto e Iugoslavia presentaron filmes a competición por primeira vez.

Propostas

[editar | editar a fonte]
PaísTítuloLingua(s)Director(es)Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña OccidentalHeldenAlemánFranz Peter Wirth
Nomeado
Dinamarca DinamarcaGuld og grønne skoveDinamarquésGabriel Axel Non nomeado
 EspañaLa venganzaCastelánJuan Antonio Bardem
Nomeado
 ExiptoBāb al-ḤadīdÁrabeYoussef Chahine Non nomeado
FranciaMeu tíoFrancésJacques Tati Premio da Academia
India IndiaMadhumatiHindiBimal Roy Non nomeado
Italia ItaliaI soliti ignotiItalianoMario Monicelli
Nomeado
Iugoslavia IugoslaviaLa strada lunga un annoItalianoGiuseppe De Santis
Nomeado
Suecia SueciaAnsiktetSuecoIngmar Bergman Non nomeado
 XapónNarayama-bushi KōXaponésKeisuke Kinoshita Non nomeado
  1. oscars.org (ed.). "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2011.