Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
Aparencia

Os seguintes 54 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 75ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa.[1] Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación da China, Finlandia, Alemaña, México e os Países Baixos. O galardón recaeu sobre Alemaña, co filme Nirgendwo in Afrika, dirixido por Caroline Link.
Afganistán, Bangladesh e o Chad presentaron os seus filmes por vez primeira.
Propostas
[editar | editar a fonte]Controversias e cambios
[editar | editar a fonte]O anuncio dos filmes elixibles aprazouse pola presenza de catro filmes que podían non cumprir as regras:
- Hong Kong propuxo un filme de acción (The Touch) rodado completamente en inglés e Afganistán enviou por primeira vez un filme (Fire Dancer) que trata sobre afgáns-estadounidenses rodado principalmente en inglés e parcialmente en dari. Cando se estreou en Afganistán dobrouse ao dari e esta versión foi a que se enviou á Academia. O filme de Hong Kong foi descualificado, mais o afgán (cuxo director fora asasinado antes de acabar a posprodución) foi aceptado.
- O Reino Unido seleccionou The Warrior, produción británica ambientada na India falada en hindi e dirixida por Asif Kapadia, director británico de ascendencia india. O filme, gañador do premio da BAFTA ao mellor filme británico, foi descualificado porque segundo a Academia o hindi non é unha lingua indíxena do Reino Unido e o filme non trata sobre británicos nin ambientado no país.[4] Finalmente foi substituído por Eldra, filme en galés. En 2006, a Academia modificou as regras para permitir a presenza de filmes en linguas non indíxenas.
- Palestina tratou de propor Divine Intervention, mais a Academia considerou que Palestina non era considerado un país nin tiña un comité nacional de selección.[5] A decisión foi criticada porque países non recoñecidos ou non soberanos como Taiwán, Hong Kong e Porto Rico si podían presentar filmes. A Academia modificou a decisión o ano seguinte e Divine Intervention puido participar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Record-Breaking 54 Countries in Competition for Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2 de decembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2002. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ O filme foi descualificado porque o diálogo estaba completamente en inglés e non nunha lingua estranxeira
- ↑ O Reino Unido escolleu orixinalmente The Warrior, mais non foi aceptado pola Academia
- ↑ "UK Hindi film causes Oscar trouble". BBC News. 2002-11-29. Consultado o 2008-09-28.
- ↑ Palestinian film denied Oscars entry
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
