Lingua estoniana
| Lingua estoniana | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| eesti keel | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||||||||||
|
Tempo gramatical
| |||||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
O estoniano[1] (eesti keel, IPA: [ˈeːs.ti ˈkeːl]) é a lingua oficial da Estonia, falada por preto de 1,1 millón de persoas. É unha lingua fino-ugria e intimamente ligada ao finés, falado do outro lado do Golfo de Finlandia (ambas as dúas linguas son mutuamente intelixíbeis), a lingua võro, e o saami, falado no norte da Finlandia. Máis afastadamente está relacionado coa lingua húngara. Por contra, o estoniano non ten relación co letón nin tampouco coa lingua rusa.
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]Hai en estoniano nove fonemas relativos ás vogais simple — a e i o u õ [ɤ] ä [æ] ö [ø] ü [y] — os cales presentan tres duracións distintas. Desas, a simple e a longa son segmentalmente fonémicas, sendo o terceiro nivel de duración só suprasegmentalmente fonémico, presentando tamén cun contorno tonal distintivo. A ortografía estoniana distingue só as vogais curtas e as longas (denotadas pola súa duplicación). Hai tamén 19 ditongos (Hint 1978); e tamén se atopan agrupamentos polisilábicos de vogais.
| Frontais | Posteriores | |||
| Non-arrendondas | Arredondadas | Non-arredondadas | Arredondadas | |
| Altas | i | ü | u | |
|---|---|---|---|---|
| Mediais | e | ö | õ | o |
| Baixas | ä | a | ||
Hai unha serie de consoantes oclusivas xordas e non aspiradas, con tres duracións fonémicas, representadas b d g, p t k e pp tt kk. O resto das consoantes tamén presenta distinción na duración, mais na escrita só son distinguidas as consoantes curtas e longas. Como nas vogais, dous niveis de duración segmental son fonémicos, e o terceiro nivel é suprasegmentalmente fonémico. Por exemplo, para o fonema 'n': curto - 'n' en lina "pano das mans", longo 'n' en linna "da cidade" e extralongo 'n' en linna "para a cidade".
As fricativas son s h, alén de f š ž z, usadas en empréstitos. As demais consoantes son j l m n r v, alén das alofónicas velares nasais nk e ng. As consoantes poden palatalizarse, mais esa distinción non se marca na ortografía. A palatalización ocorre antes das vogais frontais. Cerca do 0,15% do léxico presenta total palatalización fonémica, cando ocorre sen unha vogal frontal.
A tonicidade das palabras recae na primeira sílaba. Con todo, os empréstitos internacionais e as consoantes extralongas alteran en parte ese padrón.
Gramática
[editar | editar a fonte]Tipoloxicamente, o estoniano presenta características de linguas tanto aglutinatinantes como sintácticas. Ao longo da súa historia, a lingua alemá tivo unha forte influencia sobre o estoniano, tanto no vocabulario como na sintaxe.
Morfosintaxe
[editar | editar a fonte]En estoniano, non hai xénero gramatical, mais os substantivos e adxectivos declínanse en catorce casos. A maioría dos casos en estoniano denota relacións que outras linguas son expresas polo uso de preposicións.
Abaixo está un exemplo das declinacións da palabra auto, que significa coche:
| casos | singular | plural | |
|---|---|---|---|
| nominativo | auto | autod | |
| xenitivo | auto | autode | |
| partitivo | autot | autosid | |
| ilativo | autosse | autodesse | - para o coche |
| inesivo | autos | autodes | - no coche |
| elativo | autost | autodest | - do coche |
| alativo | autole | autodele | - para sobre o coche |
| adesivo | autol | autodel | - sobre o coche |
| ablativo | autolt | autodelt | - de sobre o coche |
| translativo | autoks | autodeks | - transformación |
| terminativo | autoni | autodeni | - ata o coche |
| esivo | autona | autodena | - como un coche |
| abesivo | autota | autodeta | - sen o coche |
| comitativo | autoga | autodega | - con o coche |
Só tres dos casos enriba teñen función gramatical: o nominativo (o axente/suxeito da frase), o acusativo (o obxecto directo) e o partitivo (obxecto parcial).
Pronomes
[editar | editar a fonte]Hai dous tipos de pronome para cada persoa en estoniano. Un, máis longo, para cando o foco está no axente e outro máis curto para cando o foco está na acción. Son:
Singular
[editar | editar a fonte]| 1ª persoa | mina - ma |
|---|---|
| 2ª persoa | sina - sa |
| 3ª persoa | tema - ta |
Plural
[editar | editar a fonte]| 1ª persoa | meie - me |
|---|---|
| 2ª persoa | teie - te |
| 3ª persoa | temad - nad |
Como non hai xénero nese idioma, non hai diferenza entre "el" e "ela" ou "eles" e "elas".
Verbos
[editar | editar a fonte]O sistema de conxugación verbal non presenta distinción entre os tempos presente e futuro (a forma do presente utilízase en ambos contextos coa adición de marcadores de tempo), e hai formas especiais usadas para expresar unha acción iniciada por un suxeito indeterminado (o "impersoal").
O infinitivo dos verbos en estoniano é sempre terminado por -ma. A conxugación no presente se dá coa xunción dos seguintes morfemas na raíz do verbo:
Verbo istuma (sentar)
mina istun
sina istud
tema istub
meie istume
teie istute
nemad istuvad
Negación
[editar | editar a fonte]A negación faise engadindo a palabra ei antes do verbo:
mina ei istu; sina ei istu etc
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estoniano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua estoniana |
| Vexa no Galizionario as palabras en Estoniano |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |