Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 46ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
François Truffaut, director do filme gañador.

Os seguintes 20 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 46ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Alemaña Occidental, Israel, os Países Baixos e Suíza. O galardón recaeu sobre Francia, co filme A noite americana, sendo a sexta vez que gañou o premio dende a súa creación.[1]

Finlandia e Alemaña Oriental presentaron filmes a competición por primeira vez.

Scener ur ett äktenskap foi declarado inelixible, o que provocou controversia. A suposta razón foi que se emitiu na televisión antes de ser estreada en cinemas, mais nese tempo iso non provocaba a inelixibilidade necesariamente. Neste caso, foi porque a emisión televisiva ocorreu máis dun ano antes da estrea en salas en 1974.[2] A inelixibilidade do filme fixo que 24 cineastas, incluídos Frank Capra e Federico Fellini, escribisen unha carta aberta pedindo unha revisión das regras.[2]

Propostas

[editar | editar a fonte]
PaísTítuloLingua(s)Director(es)Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña OccidentalDer FußgängerAlemánMaximilian Schell
Nomeado
Alemaña Democrática Alemaña OrientalDer DritteAlemánEgon Günther Non nomeado
 BrasilA Faca e o RioPortuguésGeorge Sluizer Non nomeado
Checoslovaquia ChecoslovaquiaDny zradyChecoOtakar Vávra Non nomeado
 Corea do SurBiryeonui beongeori samyongCoreanoByun Jang-ho Non nomeado
 EspañaHabla, muditaCastelánManuel Gutiérrez Aragón Non nomeado
 ExiptoEmberatoriet meemÁrabeHussein Kamal Non nomeado
Finlandia FinlandiaMaa on syntinen lauluFinésRauni Mollberg Non nomeado
FranciaA noite americanaFrancésFrançois Truffaut Premio da Academia
Hungría HungríaFotográfiaHúngaroPál Zolnay Non nomeado
India IndiaSaudagarHindiSudhendu Roy Non nomeado
IsraelThe House on Chelouche StreetHebreoMoshé Mizrahi
Nomeado
Iugoslavia IugoslaviaSutjeskaSerbocroataStipe Delić Non nomeado
MéxicoReed, México insurgenteCastelánPaul Leduc Non nomeado
Países Baixos Países BaixosTurks fruitNeerlandésPaul Verhoeven
Nomeado
 PoloniaKopernikPolacoEwa Petelska e Czesław Petelski Non nomeado
 RomaníaVeronicaRomanésElisabeta Bostan Non nomeado
Suecia SueciaScener ur ett äktenskapSuecoIngmar Bergman Descualificado
Suíza SuízaL'InvitationFrancésClaude Goretta
Nomeado
 Unión SoviéticaOsvobozhdenieRusoYuri Ozerov Non nomeado
 XapónKaigenreiXaponésYoshishige Yoshida Non nomeado
  1. oscars.org (ed.). "The 46th Academy Awards (1974) Nominees and Winners". Consultado o 3 de decembro de 2011.
  2. 1 2 Gates, Anita (15 de xaneiro de 1995). "There Are Movies, And Then There Are Movies". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016.