Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

O Xapón presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[a] dende a primeira edición do premio. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4] Estes premios non eran competitivos, xa que non había nomeados senón simplemente un gañador cada ano que era elixido por votación da Xunta de Goberno da academia.[4] Tres filmes xaponeses recibiron premios honoríficos durante este período. Para os Premios da Academia de 1956, creouse un premio competitivo ao Mérito, coñecido como Premio ao Mellor Filme en Lingua Estranxeira, para filmes de fala non inglesa, e dende entón outórgase anualmente.[5]
Até o ano 2025, dezaoito filmes xaponeses foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e dous deles gañaron o premio, Okuribito[6][7] e Doraibu mai kā. Ademais dos seus tres premios honoríficos, o total de filmes xaponeses premiadas é de cinco.
Entre tódolos países que presentaron filmes para o premio, o Xapón clasifícase no cuarto posto en termos de nomeados, por detrás de Suecia (catorce nomeados) e por diante da antiga Unión Soviética (nove nomeados).[8]
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Xapón para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Os únicos directores xaponeses en ter múltiples filmes nomeados son Akira Kurosawa e Noboru Nakamura. Kurosawa recibiu o Óscar Honorífico antes da creación formal do premio polo seu filme Rashomon, ademais do Óscar por Dersu Uzala (presentado pola antiga Unión Soviética), e presentou catro filmes máis, dous dos cales foron nomeados.[9][10] Por outra banda, o filme de Kurosawa Ran non foi proposto deliberadamente pola industria cinematográfica xaponesa por mor da pobre acollida que tivo entre os cineastas xaponeses da época.[11] Nakamura contou con dous filmes, Koto e Chieko-sho, que foron nomeados para o premio.[12]
En 2023, o cineasta alemán Wim Wenders converteuse no primeiro director non xaponés en ter un filme seleccionado, o filme ambientado en Tokyo Perfect Days, unha homenaxe aos filmes de Yasujirō Ozu. Foi nomeada, o que supuxo a 18ª candidatura para o Xapón.
Tódalas propostas foron rodadas en lingua xaponesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- 1 2 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- 1 2 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- 1 2 "History of the Academy Awards – Page 2". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2008. Consultado o 2008-06-10.
- ↑ Universidade de California, Os Ánxeles (ed.). "List of Asian films nominated for Academy Award for Best Foreign Language Film". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2008. Consultado o 11 de xuño de 2008.
- ↑ Variety Staff (1 de marzo de 2007). "Best Foreign Film". Variety. Consultado o 13 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (8 de marzo de 2008). "Foreign Language Film Facts". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 11 de xuño de 2008.
- ↑ Kamimura, Marina (7 de setembro de 1998). CNN, ed. "Film world mourns loss of 'giant' Akira Kurosawa". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2007. Consultado o 11 de xuño de 2008.
- ↑ "Akira Kurosawa - Awards". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2008. Consultado o 11 de xuño de 2008.
- ↑ Prince, Stephen. PBS, ed. "Great Performances . Kurosawa . Ask the Experts Q & A". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2008.
- ↑ "Noboru Nakamura - Awards". Moviefone. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2008.
- ↑ Schilling, Mark; Lim, Marcus (2008-09-12). "Japan picks 'Departures' for Oscars". Variety. Consultado o 2008-09-17. [Ligazón morta]
- ↑ "Tetsuya Nakashima's "Confessions" lands an Oscar nod". japanator. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2019. Consultado o 2010-10-03.
- ↑ "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 2011-01-19.
- ↑ Blair, Gavin J. (2011-09-08). "Japanese Entry for Foreign Language Oscar to Be 'Postcard'". hollywoodreporter.com. Consultado o 2011-09-08.
- ↑ "Japan picks 'Our Homeland' as foreign language Oscar entry". Variety. Consultado o 2011-09-08.
- ↑ "Japan Picks 'Passage' as Oscar Pic". Variety. Consultado o 2013-05-09.
- ↑ "Japan Switches on to 'Light' as Foreign-Language Oscar Contender". Variety. Consultado o 5 de setembro de 2014.
- ↑ "Japan Selects '100 Yen Love' as Academy Awards Contender". variety. 3 de setembro de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2015.
- ↑ Blair, Gavin J. (6 de setembro de 2016). "Oscars: Japan Selects 'Nagasaki: Memories of My Son' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 6 de setembro de 2016.
- ↑ Blair, Gavin (5 de setembro de 2017). "Oscars: Japan Selects 'Her Love Boils Bathwater' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ Blair, Gavin (27 de agosto de 2018). "Oscars: Japan Selects Palme D'Or Winner 'Shoplifters' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 28 de agosto de 2018.
- ↑ "Oscars 2019: The nominees in full". BBC News. Consultado o 22 de xaneiro de 2019.
- ↑ Blair, Gavin. "Oscars: Japan Picks 'Weathering With You' for International Feature Film Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 26 de agosto de 2019.
- ↑ Frater, Patrick (29 de outubro de 2020). "Kawase Naomi's 'True Mothers' Set as Japan's Oscar Nominee". Variety. Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ ""Drive My Car" exhibited at the Academy Awards selection for Japan". Sankei. 11 de outubro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021.
- ↑ "Oscars Race: Japan Enters Sci-Fi Thriller ‘Plan 75’ in International Film Contest". Variety. 2 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Japan selects Wim Wenders’ ‘Perfect Days’ as international Oscar entry". Screen Daily. 4 de setembro de 2022. Consultado o 9 de setembro de 2022.
- ↑ "International Oscar Race: Japan Selects Venice Film 'Cloud' by Kurosawa Kiyoshi" (en inglés). 2024-08-30.
- ↑ Ramachandran, Naman (28 de agosto de 2025). "Japan Picks Lee Sang-il's Hit Kabuki Drama 'Kokuho' as Oscar Submission". Variety. Consultado o 2025-08-28.