Filmes de Siria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Siria presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2017.[1][2] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Siria para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2017
(90ª)
Little Gandhi[2] Árabe Kadi, SamSam Kadi Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kilday, Gregg (5 de outubro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 92 Films Submitted in Foreign-Language Category". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Academy of Motion Picture Arts and Sciences, ed. (5 de outubro de 2017). "92 Countries in Competition in for 2017 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.