Filmes de Camboxa propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Camboxa presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 1994. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2022, Camboxa presentou once filmes para o Óscar ó mellor filme internacional, sendo nomeado ó premio só unha vez, co filme L'Image manquante (2013).

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Camboxa para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Título en khmer Director Resultado
1994
(67ª)
Neak sre អ្នកស្រែ Rithy Panh Non nomeado
2012
(85ª)
Khlea t tow sen chhngay[6] ឃ្លាតទៅសែនឆ្ងាយ Chhay Bora Non nomeado
2013
(86ª)
L'Image manquante[7] រូបភាពដែលបាត់បង់ Rithy Panh
Nomeado[8]
2015
(88ª)
The Last Reel[9] ដុំហ្វីលចុងក្រោយ Kulikar Sotho Non nomeado
2016
(89ª)
Before the Fall[10] មុនពេលបែកបាក់ Ian White Non nomeado
2017
(90ª)
First They Killed My Father[11] មុនដំបូងខ្មែរក្រហមសម្លាប់ប៉ារបស់ខ្ញុំ Angelina Jolie Non nomeado
2018
(91ª)
Les tombeaux sans noms[12] ផ្នូរគ្មានឈ្មោះ Rithy Panh Non nomeado
2019
(92ª)
In the Life of Music[13] តន្ត្រីជីវិត Caylee So, Sok Visal Non nomeado
2020
(93ª)
Fathers[14] ដើម្បីកូន Huy Yaleng Non nomeado
2021
(94ª)
Bodeng sar[15] ប៊ូឌីញ ស Kavich Neang Non nomeado
2022
(95ª)
Retour à Séoul Davy Chou
Lista curta de decembro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Screendaily (ed.). "Cambodia makes first Oscars submission in 18 years". Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  7. IndieWire (ed.). "2014 Oscar Predictions: Best Foreign Language Film". Consultado o 1 de outubro de 2013. 
  8. BBC News (ed.). "Oscars: Main nominations 2014". Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  9. Brzeski, Patrick (21 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Cambodia Selects 'The Last Reel' for Foreign-Language Category". Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  10. Kilday, Gregg (11 de outubro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 85 Foreign-Language Film Contenders Unveiled by Academy". Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  11. Frater, Patrick (18 de setembro de 2017). Variety, ed. "Cambodia Sets Angelina Jolie's 'Father' as Oscar Contender". Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  12. Pond, Steve (14 de setembro de 2018). The Wrap, ed. "'Roma' Enters Oscar Foreign-Language Race, Becomes the Instant Favorite". Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  13. Rethea, Pann (19 de agosto de 2019). The Phnom Penh Post, ed. "Award-winning film In the Life of Music on journey to Oscars 2020". Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  14. "Cambodian film 'Fathers' submitted for Oscar". Khmer Times. Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  15. Tabbara, Mona (7 de setembro de 2021). "Cambodia selects 'White Building' as Oscar entry; first trailer revealed". Screendaily. Consultado o 7 de setembro de 2021.