Filmes de Arabia Saudita propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arabia Saudita presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2013.[3][4][5][6] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[7] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[8]

Até o ano 2023, sete filmes sauditas foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[9] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[7] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Arabia Saudita para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2013
(86ª)
Wadjda[3] Árabe Haifa al-Mansur Non nomeado
2016
(89ª)
Barakah yoqabil Barakah[10] Árabe Mahmoud Sabbagh Non nomeado
2019
(92ª)
The Perfect Candidate[11] Árabe Haifa al-Mansur Non nomeado
2020
(93ª)
Scales[12] Árabe Shahad Ameen Non nomeado
2021
(94ª)
Had Al Tar[13] Árabe Abdulaziz Alshlahei Non nomeado
2022
(95ª)
'Ughniat alghurab Árabe Mohamed Al-Salman Non nomeado
2023
(96ª)
Alhamour H.A.[14] Árabe Abdulelah Alqurashi Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Saudi Arabia Nominates 'Wadjda' for Foreign Language Category". Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  4. Variety (ed.). "Oscars: Saudi Arabia Taps 'Wadjda' As First Foreign-Language Entry". Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  5. LA Times (ed.). "'Wadjda' is Saudi Arabia's first nominee for foreign-language Oscar". Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  6. Gulf News (ed.). "Saudi Arabia submits first film for Oscars with 'Wadjda'". Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  8. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  9. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  10. Roxborough, Scott (24 de agosto de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Saudi Arabia Selects 'Barakah Meets Barakah' For Foreign-Language Category". Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  11. Vivarelli, Nick (4 de outubro de 2019). Variety, ed. "Haifaa Al Mansour's The Perfect Candidate Is Saudi Arabia's Oscar Contender". Consultado o 4 de outubro de 2019. 
  12. Pond, Steve (17 de decembro de 2020). "Oscars International Entries Are Close to New Record, But Voters Can’t See Them All Yet". The Wrap. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  13. "Oscars 2022: 10 films from the Arab world submitted for Best International Feature". The National News. 16 de novembro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  14. Pond, Steve (2023-10-30). "89 Films Enter International Race at 96th Academy Awards". The Wrap (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-11-01. Consultado o 2023-10-31.