Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 29ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico Fellini, director do filme gañador.

En 1956, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) dos Estados Unidos convidou individualmente a países a que presentasen os seus mellores filmes do ano para a inauguración do Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Nos anos anteriores, o galardón non era un premio regular e non existían nomeados, xa que o gañador era simplemente anunciado durante a cerimonia de entrega.

Oito países de Europa occidental e Asia oriental presentaron os seus filmes para a consideración do primeiro premio, e cinco deles foron escollidos como nomeados ó Óscar.

O gañador inaugural, La strada de Italia, foi anunciado na cerimonia dos Óscar, que se celebrou o 27 de marzo de 1957.[1]

Propostas

[editar | editar a fonte]
PaísTítuloLingua(s)Director(es)Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña OccidentalDer Hauptmann von KöpenickAlemánHelmut Käutner
Nomeado
Dinamarca DinamarcaQivitoqDinamarquésErik Balling
Nomeado
 EspañaTarde de torosCastelánLadislao VajdaNon nomeado
 FilipinasAnak DalitaTagaloLamberto V. AvellanaNon nomeado
FranciaGervaiseFrancésRené Clément
Nomeado
Italia ItaliaLa stradaItalianoFederico FelliniPremio da Academia
Suecia SueciaRatataaSuecoHasse EkmanNon nomeado
 XapónBiruma no tategotoXaponésKon Ichikawa
Nomeado
  1. "The 29th Academy Awards (1957) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2011-10-24.