Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 60ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os seguintes 30 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 60ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, España, Francia, Italia e Noruega. O galardón recaeu sobre Dinamarca, co filme Babettes gæstebud.[1] O aclamado filme Der Himmel über Berlin de Wim Wenders, que foi presentado pola Alemaña Occidental, nin sequera foi nomeado malia ser un dos favoritos.

Indonesia presentou un filme por vez primeira, e Cuba fíxoo tamén logo dunha década sen facelo. A Unión Soviética presentou un filme en lingua xeorxiana (que foi producido en 1984 mais foi censurado ata 1987), a India escolleu un filme en támil, e Noruega escolleu o primeiro filme da historia rodado en saami setentrional.

Propostas

[editar | editar a fonte]
PaísTítuloLingua(s)Director(es)Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña OccidentalDer Himmel über BerlinAlemánWim Wenders Non nomeado
ArxentinaHombre mirando al sudesteCastelánEliseo Subiela Non nomeado
Austria AustriaWohin und zurück - Teil 3: Welcome in ViennaAlemánAxel Corti Non nomeado
Bélxica BélxicaLes noces barbaresFrancésMarion Hänsel Non nomeado
 BrasilUm Trem para as EstrelasPortuguésCarlos Diegues Non nomeado
CanadáUn Zoo la NuitFrancésJean-Claude Lauzon Non nomeado
Checoslovaquia ChecoslovaquiaSmrt krásných srncůChecoKarel Kachyňa Non nomeado
ChinaFu rong zhenChinésXie Jin Non nomeado
CubaUn hombre de éxitoCastelánHumberto Solás Non nomeado
Dinamarca DinamarcaBabettes gæstebudDinamarqués e francésGabriel Axel Premio da Academia
España EspañaAsignatura aprobadaCastelánJosé Luis Garci
Nomeado
Finlandia FinlandiaLumikuningatarFinésPäivi Hartzell Non nomeado
FranciaAu revoir les enfantsFrancésLouis Malle
Nomeado
Grecia GreciaTheofilosGregoLakis Papastathis Non nomeado
Hungría HungríaNapló szerelmeimnekHúngaroMárta Mészáros Non nomeado
India IndiaNayakanTámilMani Ratnam Non nomeado
IndonesiaNagabonarIndonesioM.T. Risyaf Non nomeado
Islandia IslandiaSkytturnarIslandésFriðrik Þór Friðriksson Non nomeado
IsraelI Don't Give a DamnHebreoShmuel Imberman Non nomeado
Italia ItaliaLa FamigliaItalianoEttore Scola
Nomeado
Iugoslavia IugoslaviaVeć viđenoSerbocroataGoran Marković Non nomeado
MéxicoLo que importa es vivirCastelánLuis Alcoriza Non nomeado
Noruega NoruegaOfelaš (Veiviseren)Saami setentrionalNils Gaup
Nomeado
Países Baixos Países BaixosVan geluk gesprokenNeerlandésPieter Verhoeff Non nomeado
Polonia PoloniaBohater rokuPolacoFeliks Falk Non nomeado
Suecia SueciaHip Hip Hurrah!SuecoKjell Grede Non nomeado
Suíza SuízaSi le soleil ne revenait pasFrancésClaude Goretta Non nomeado
TaiwánOsmanthus AlleyChinésChen Kunhou Non nomeado
Unión Soviética Unión SoviéticaRepentanceXeorxianoTengiz Abuladze Non nomeado
 XapónZegenXaponésShohei Imamura Non nomeado
  1. "The 60th Academy Awards (1988) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 16 de agosto de 2015.