Filmes de Tunisia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Tunisia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 1995. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Propostas[editar | editar a fonte]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Tunisia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
1995 (68ª) |
Le magique | Árabe e francés | Azdine Melliti | Non nomeado |
2002 (75ª) |
La boîte magique | Árabe e francés | Ridha Behi | Non nomeado |
2016 (89ª) |
À peine j'ouvre les yeux[6] | Árabe e francés | Leyla Bouzid | Non apareceu na lista final[7] |
2017 (90ª) |
Akher Wahed Fina[8] | Sen diálogo | Ala Eddine Slim | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Aala Kaf Ifrit[9] | Árabe | Kaouther Ben Hania | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Weldi[10] | Árabe | Mohamed Ben Attia | Non nomeado |
2020 (93ª) |
L'Homme qui a vendu sa peau[11] | Árabe, inglés e francés | Mohamed Ben Attia | Nomeado[12]
|
2021 (94ª) |
Papillon d'Or[13] | Árabe e francés | Abdelhamid Bouchnak | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Taht alshajara[14] | Árabe | Erige Sehiri | Non nomeado |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Tuniscope, ed. (22 de setembro de 2016). "Officiel : 'A peine j'ouvre les yeux' de Leyla Bouzid représentera la Tunisie aux Oscars 2016". Consultado o 22 de setembro de 2016.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (11 de outubro de 2016). "85 Countries In Competition For 2016 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ Kapitalis, ed. (27 de setembro de 2017). "Oscars : Le CNCI propose "The last of us", le film de Ala Edine Slim - Kapitalis". Consultado o 27 de setembro de 2017.
- ↑ Kozlov, Vladimir (19 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Tunisia Selects 'Beauty and the Dogs' for Foreign-Language Category". Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ Kozlov, 2019 by Vladimir. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Tunisia Selects 'Dear Son' for International Feature Category". Consultado o 27 de agosto de 2019.
- ↑ Keslassy, Elsa (20 de novembro de 2020). "'The Man Who Sold His Skin' to Represent Tunisia in International Oscar Race". Variety. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "The full list of 2021 Oscars nominations". The Guardian. Consultado o 15 de marzo de 2021.
- ↑ "Oscars 2022: "Golden Butterfly" by Abdelhamid Bouchnak will represent Tunisia". News.in.24. 13 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 13 de outubro de 2021.
- ↑ Driss, Neila (8 de setembro de 2022). "« Sous les figues » d’Erige Sehiri représentera la Tunisie à l’Oscar 2023 du Meilleur Film International". Webdo TN.