Filmes do Senegal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

O Senegal presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2017.[3][4] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[5] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[6]
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[5] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Senegal para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2017 (90ª) |
Félicité[4] | Francés | Alain Gomis | Lista curta de decembro[8]
|
2019 (92ª) |
Atlantique[9] | Francés, wólof | Mati Diop | Lista curta de decembro[10]
|
2020 (93ª) |
Baamum Nafi[11] | Fula | Mamado Dia | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Xalé | Wólof | Moussa Sene Absa | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Banel et Adama[12] | Fula e francés | Ramata-Toulaye Sy | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Kilday, Gregg (5 de outubro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 92 Films Submitted in Foreign-Language Category". Consultado o 5 de outubro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (5 de outubro de 2017). "92 Countries in Competition in for 2017 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 5 de outubro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Pond, Steve (14 de decembro de 2017). The Wrap, ed. "Oscars Foreign Language Shortlist Includes 'The Square,' 'A Fantastic Woman'". Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ Roxborough, Scott (2 de outubro de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Senegal Picks 'Atlantics' for International Feature Film Category". Consultado o 2 de outubro de 2019.
- ↑ The Hollywood Reporter, ed. (16 de decembro de 2019). "Academy Unveils 2020 Oscar Shortlists". Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ "Oscars: Senegal Submits 'Nafi's Father' for International Feature Race". The Hollywood Reporter. 7 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ "European titles submitted for the Oscars race". Cineuropa (en inglés). 17 de outubro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023.