Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Corea do Sur presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 1962. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4] O candidato de Corea do Sur é escollido anualmente por un comité especial composto polo Consello Coreano do Cinema.
Até o ano 2022, trinta e catro filmes surcoreanos foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, e só un foi finalmente nomeado ó premio, Gisaengchung (2019) quen finalmente gañou o premio, ademais do Óscar ó mellor filme, o Óscar ó mellor director e o Óscar ó mellor guión orixinal. En 2018, Beoning converteuse no primeiro filme surcoreano na lista curta de decembro na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5] Corea do Norte nunca presentou un filme para participar na competición.
As tres primeiras propostas foron dirixidas por Shin Sang-ok, así como a edición de 1990. Shin fíxose famoso internacionalmente despois de declarar que estivera retido en Corea do Norte entre 1978–1986, e fora obrigado a facer filmes para Kim Jong-il. Lee Chang-dong dirixiu tres dos filmes escollidos por Corea do Sur. Outros seis directores, Lee Doo-yong, Kim Ki-duk, Kim Tae-kyun, Lee Joon-ik, Jang Hoon e Bong Joon-ho, presentaron cadanseus dous filmes.
Propostas[editar | editar a fonte]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Corea do Sur para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega. Tódalas propostas foron rodadas en lingua coreana.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ 5,0 5,1 The Hollywood Reporter, ed. (17 de decembro de 2018). "Academy Unveils 2019 Oscar Shortlists". Consultado o 18 de decembro de 2018.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2009.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 3 de de marzo de 2009.
- ↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ Screendaily (ed.). "South Korea submits The Front Line for Oscar race". Consultado o 24 e agosto de 2011.
- ↑ oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011.
- ↑ Noh, Jean (13 de setembro de 2012). Screen International, ed. "South Korea selects Pieta as Oscar submission". EMAP. Consultado o 13 de setembro de 2012.
- ↑ Ten Asia (ed.). "Korean Pic "Juvenile Offender" to Compete at the Oscars". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 30 de agosto de 2013.
- ↑ Orlando Sentinel (ed.). "Korea Sets 'Sea Fog' on Foreign-Language Oscar Course". Consultado o 22 de setembro de 2014.
- ↑ Hyo-won, Lee (1 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: South Korea Submits 'The Throne' for Foreign-Language Category". Consultado o 1 de setembro de 2015.
- ↑ Kil, Sonia (30 de agosto de 2016). Variety, ed. "Warner Bros.' 'Age of Shadows' Picked as Korea's Oscar Contender". Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Kil, Sonia (4 de setembro de 2017). Variety, ed. "Korea Hails 'A Taxi Driver' For Oscar Race". Consultado o 4 de setembro de 2017.
- ↑ Roxborough, Scott (7 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: South Korea Selects 'Burning' for Foreign-Language Category". Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ Variety, ed. (21 de agosto de 2019). "Oscars: South Korea Selects Palme d’Or Winner ‘Parasite’ for International Feature Film Award". Consultado o 21 de agosto de 2019.
- ↑ The Guardian (ed.). "Parasite wins best international feature film Oscar". Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Noh, Jean (21 de outubro de 2020). "South Korea submits 'The Man Standing Next' for 2021 Oscars". ScreenDaily. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ "'Mogadishu' Selected as Representative of Korean Film for International Feature Film at Academy". Star News. 5 de outubro de 2021. Consultado o 5 de outubro de 2021.
- ↑ Rosser, Michael. "'Decision To Leave' revealed as South Korea's Oscar submission". Screen Daily (en inglés). Consultado o 2022-08-11.