Lingua hindi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hindi
हिन्दी
Falado en: India
Rexións: Sueste asiático
Total de falantes: 480 millóns nativos, 800 millóns ao todo
Posición: 5
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Hindi
Estatuto oficial
Lingua oficial de: India
Regulado por: Central Hindi Directorate [1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: hi
ISO 639-2: hin
SIL: HIN

O Hindi (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evoluíu a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma grande parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico. A consecuencia da influencia musulmana no Norte da India, contén tamén un elevado número de empréstamos do persa, do árabe e do turco.

Características[editar | editar a fonte]

O hindi é o cuarto idioma máis falado no mundo, despois do inglés. Preto de 500 millóns de persoas falan hindi como primeira lingua e o número total de persoas que o entenden pode superar os 800 millóns.

Por razóns de rivalidade político-relixiosa entre a India e Pakistán, vense considerando como un idioma diferente do urdú (que é o idioma oficial de Pakistán). Mais na súa forma coloquial ambos os dous son mutuamente intelixíbeis, sendo desde un punto de vista lingüístico variedades dun mesmo idioma. As súas diferencias redúcense basicamente ao sistema de escrita, que no caso do hindi usa o alfabeto devanagari, mentres o urdú emprega o alfabeto árabe. Ambos e dous idiomas tamén se diferencian na súa terminoloxía culta, que no hindi se colle xeralmente do sánscrito (xa que os indios que o falan son na súa maioría hindús), mentres que en urdú os cultismos son principalmente de orixe persa-árabe (pois a maior parte dos usuarios son musulmanos).

Antes da partición da India, entre a India e Pakistán, en 1948, o hindi e o urdú falados eran considerados o mesmo idioma, ou hindi-urdú. Desde a partición, o "hindi padrón" desenvolveuse reemprazando as palabras de orixe árabe e persa por vocábulos do sánscrito.

O hindi e o urdú teñen na actualidade catro formas literarias: hindi-padrón, urdú, dakkhini, e rehkta. O dakkhini é un dialecto do urdú na rexión de Deccan, na parte Surcentral da India, especialmente en Hyderabad, que utiliza menos empréstamos persas e árabes. O rehkta é unha forma do urdú que se utiliza principalmente para poesía.

Fonoloxía e escrita[editar | editar a fonte]

A escrita devanāgarī, de tipo semi-silábico, está constituída de signos consonánticos que conlevan unha vogal por defecto, susceptíbel de ser modificada ou suprimida por signos anexos.

Vogais[editar | editar a fonte]

As vogais con o seu signo diacrítico con a consoante / p / son mostrados aquí embaixo:

Alfabeto Signo diacrítico con «प्» Pronunciación Prononciación con / p / Equiv. IAST Equiv. ITRANS Equivalente galego.
/ ə / / pə / a a (breve ou longa) Schwa: como e en de ou te
पा / α: / / pα: / ā A (longa) Vogal posterior: como a en vas
पि / i / / pi / i i (breve) Vogal alveolar anterior: como i en visión, máis breve
पी / iː / / piː / ī I (longa) Vogal alveolar anterior: como í en María
पु / u / / pu / u u (breve) Vogal palatal posterior redondeada: como u en gula
पू / uː / / puː / ū U (longa) Vogal palatal posterior redondeada: como u en furta
पे / eː / / peː / e e (longa) Vogal velar anterior: como e en café
पै / æː / / pæː / ai ai (longa) Vogal alveolar anterior: como e en tres, máis longa
पो / οː / / poː / o o (longa) Vogal velar posterior arredondada: como o en bo
पौ / ɔː / / pɔː / au au (longa) Vogal velar inferior posterior redondeada: como o en poma, máis longa
पृ / ri / / pri / R (breve) Consoante vibrante dental sonora como unha vogal silábica: como inglés: ring (A pronunciación orixinal perdeuse.)

Consoantes[editar | editar a fonte]

A táboa de embaixo mostra a lista tradicional de consoantes do sánscrito e do hindi. A pronunciación está dada no API.

Labial Labiodental Dental Retroflex Palatal Velar Gutural
Plosiva non-aspirada p
/ /
b
/ /
t
/ t̪ə /
d
/ d̪ə /
ṭ ट
/ ʈə /
ḍ ड
/ ɖə /
c
/ tʃə /
j
/ dʒə /
k
/ /
g
/ /
aspirada ph
/ phə /
bh
/ bɦə /
th
/ hə /
dh
/ ɦə /
ṭh ठ
/ ʈhə /
ḍh ढ
/ dɦə /
ch
/ hə /
jh
/ ɦə /
kh
/ khə /
gh
/ gɦə /
Nasal m
/ /
n
/ /

/ ɳə /
ñ
/ ɲə /

/ ŋə /
Semivogal v
/ ʋə /
y
/ /
Líquidas l
/ /
r
/ /
Fricativas s
/ /

/ ʂə /
ś
/ ʃə /
ḥ ः
/ /
h
/ ɦə /

Breve resumo de Sintaxe[editar | editar a fonte]

A orde normal de palabras nunha frase é SOV (Suxeito-Obxecto-Verbo). Mais se as posposicións van unidas con nomes, a orde en Hindi-Urdú tórnase máis libre que en inglés, pero non tanto como en latín ou sánscrito. A alteración da orde das palabras serve (xunto con o ton da fala) tamén para mudar a énfase da frase. Se o suxeito é un nome, o adxectivo pode ir antes do mesmo (na posición atributiva) ou entre o nome e o verbo (na posición predicativa, mais só se o verbo é होना /hoː.naː/ ser). Se o suxeito é un pronome o adxectivo vai en posición predicativa. O lugar entre o suxeito e o verbo pode ir ocupado por adverbios, frases instrumentais, frases en dativo, frases en locativo, etc. A orde das palabras - ao contrario que en inglés ou francés - non precisa ser reinvertido nas oracións interrogativas. As preguntas poden formularse colocando o pronome interrogativo क्या /kjaː/ no inicio mesmo da frase. As oracións interrogativas máis formais poden realizarse colocando a partícula negativa न /nə/ ao final da frase. Isto indica unha pregunta educada (sen necesidade de usar "por favor"). Porén a partícula negativa vai diante do verbo. Certas partículas resaltan a palabra que as sigue inmediatamente, p.ex., ही /hiː/ (só, somente, como partícula enfática), भी /bʱiː/ (tamén), तक /t̪ək/, तो /t̪oː/, भर /bʱəɾ/, etc. As cláusulas nominais están a miudo unidas pola conxunción कि /ki/ (lit., que, de orixe persa).

As oracións compostas (aquelas con dous ou máis cláusulas simples de importancia similar) están, polo corrente, unidas por conxuncións como और /ɔːɾ/e, या /jaː/ou, लेकिन /leː.kin/mais, pero, इसलिये /is.li.jeː/por iso, वरना /vəɾ.naː/doutro xeito, outramente, etc. As veces son utilizadas conxuncións dobres se son precisas, p.ex.: न … न /nə/ … /nə/nen … nen.

Empréstamos do hindi en galego[editar | editar a fonte]

Hai no galego algunhas palabras hindis, así «bengala», «bungalow», «xungla», «ponche», «pixama», «xampú»,... Na súa maioría entraron no galego modernamente por intermediación do inglés, portugués ou castelán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Aaj Tak, canle de noticias en hindi.
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua hindi.