Filmes de Iraq propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Iraq presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2005. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2019, Iraq presentou nove filmes ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Iraq para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua Director Resultado
2005
(78ª)
Marsiyeh barf Kurdo Rostami, JamilJamil Rostami Non nomeado
2006
(79ª)
Ahlaam Árabe Al-Daradji, MohamedMohamed Al-Daradji Non nomeado
2007
(80ª)
Jani Gal Kurdo Rostami, JamilJamil Rostami Non nomeado
2010
(83ª)
Son of Babylon[6] Árabe Al-Daradji, MohamedMohamed Al-Daradji Non nomeado[7]
2014
(87ª)
Mardan[8] Kurdo Ghobadi, BatinBatin Ghobadi Non nomeado
2015
(88ª)
Bîranînen li ser kevirî[9] Kurdo Shawkat Amin Korki Non nomeado
2016
(89ª)
El clásico[10] Kurdo Halkawt Mustafa Non nomeado
2017
(90ª)
Reṣeba[11] Árabe e kurdo Hussein Hassan Non nomeado
2018
(91ª)
The Journey[12] Árabe Mohamed Al-Daradji Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Screendaily (ed.). "Son of Babylon selected as Iraq's entry for Oscar race". Consultado o 7 de xullo de 2010. 
  7. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  8. Albawaba (ed.). "Iraqi film "Mardan" entered into Academy Awards foreign language film category". Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  9. Financial Tribune, ed. (3 de setembro de 2015). "Iraq's 'Memories on Stone' Oscar Entry". Consultado o 4 de setembro de 2015. 
  10. Salazar, Francisco (5 de setembro de 2016). Latin Post, ed. "Oscar 2017 Predictions: 'El Clasico' to represent Iraq at the Academy Awards". Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  11. Pond, Steve (24 de agosto de 2017). The Wrap, ed. "'The Square,' 'In the Fade' Top First Batch of Oscar Foreign Language Contenders". Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  12. Vivarelli, Nick (12 de setembro de 2018). Variety, ed. "Iraq Picks Female Suicide Bomber Drama 'The Journey' as Its Oscar Candidate". Consultado o 12 de setembro de 2018.