Filmes de Fidxi propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Fidxi presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 2005. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

O primeiro filme presentado por Fidxi,[5] Pear ta ma 'on maf, foi proposto para o Óscar en 2005, mais finalmente non foi nomeado para o premio.[6][7] Fidxi é a única nación do Pacífico en participar na competición.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódalos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Fidxi para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua Director Resultado
2005
(78ª)
Pear ta ma 'on maf Rotuman Hereniko, VilsoniVilsoni Hereniko Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. http://www.thelandhaseyes.org/production.html
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (25 de outubro de 2005). "58 Countries Vying for 2005 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  7. "List of Academy Award Winners and Nominees". The New York Times. 5 de marzo de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  8. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.