Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 59ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fons Rademakers, director do filme gañador.

Os seguintes 32 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 59ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Austria, o Canadá, Checoslovaquia, Francia e os Países Baixos. O galardón recaeu sobre os Países Baixos, co filme De aanslag.[1] Nesta edición, Austria e o Canadá resultaron nomeados por vez primeira e Porto Rico presentou o seu primeiro filme para a consideración da academia.

Propostas

[editar | editar a fonte]
PaísTítuloLingua(s)Director(es)Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña OccidentalMänner…AlemánDoris Dörrie Non nomeado
AlxeriaLa Dernière imageFrancésMohammed Lakhdar-Hamina Non nomeado
ArxentinaTangos, el exilio de GardelCastelán e francésFernando Solanas Non nomeado
Austria Austria38 – Auch das war WienAlemánWolfgang Glück
Nomeado
Bélxica BélxicaSpringenNeerlandésJean-Pierre De Decker Non nomeado
 BrasilA Hora da EstrelaPortuguésSuzana Amaral Non nomeado
CanadáLe Déclin de l'empire américainFrancésDenys Arcand
Nomeado
Checoslovaquia ChecoslovaquiaVesničko má střediskováChecoJiří Menzel
Nomeado
ChinaSun ZhongshanChinésDing Yinnan Non nomeado
ColombiaTiempo de morirCastelánJorge Alí Triana Non nomeado
 Corea do SurNaeshiCoreanoDoo-yong Lee Non nomeado
Dinamarca DinamarcaManden i månenDinamarquésErik Clausen Non nomeado
España EspañaLa mitad del cieloCastelánManuel Gutiérrez Aragón Non nomeado
Finlandia FinlandiaTuntematon sotilasFinésRauni Mollberg Non nomeado
Francia37°2 le matinFrancésJean-Jacques Beineix
Nomeado
Hungría HungríaMacskafogóHúngaroBéla Ternovszk Non nomeado
India IndiaSwathi MuthyamTeluguKasinathuni Viswanath Non nomeado
Islandia IslandiaEins og skepnan deyrIslandésHilmar Oddsson Non nomeado
IsraelAvanti PopoloÁrabe e hebreoRafi Bukai Non nomeado
Italia ItaliaNotte d'estate con profilo greco, occhi a mandorla e odore di basilicoItalianoLina Wertmüller Non nomeado
Iugoslavia IugoslaviaHappy New Year '49Macedonio e serbioStole Popov Non nomeado
MéxicoEl imperio de la fortunaCastelánArturo Ripstein Non nomeado
Noruega NoruegaHard AsphaltNorueguésSølve Skagen Non nomeado
Países Baixos Países BaixosDe aanslagNeerlandés e alemánFons Rademakers Premio da Academia
Polonia PoloniaSiekierezadaPolacoWitold Leszczyński Non nomeado
 Porto RicoLa Gran FiestaCastelánMarcos Zurinaga Non nomeado
 RomaníaNoi, cei din linia întîiRomanésSergiu Nicolaescu Non nomeado
Suecia SueciaThe SacrificeSueco e francésAndrei Tarkovsky Non nomeado
Suíza SuízaDer Schwarze TannerAlemán suízoXavier Koller Non nomeado
TaiwánThe Heroic PioneersChinésLi Hsing Non nomeado
Unión Soviética Unión SoviéticaThe Wild PigeonRusoSergei Solovyov Non nomeado
 XapónKinema no TenchiXaponésYōji Yamada Non nomeado
  1. "The 59th Academy Awards (1987) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 16 de agosto de 2015.