Filmes propostos ó mellor filme internacional na 32ª edición dos Óscar
Aparencia
Os seguintes 13 filmes, todo eles de países diferentes, foron propostos na 32ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, Francia, Italia, os Países Baixos e Alemaña Occidental. Francia gañou o premio co filme Orfeo negro, un drama rodado no Brasil en lingua portuguesa.[1]
Os Países Baixos, Paquistán, Hong Kong e Singapur presentaron filmes por vez primeira.
O filme dinamarqués Paw, de Astrid Henning-Jensen, foi o primeiro filme dirixido por unha muller nomeado nesta categoría.
Propostas
[editar | editar a fonte]| País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
|---|---|---|---|---|
| Die Brücke | Alemán | Bernhard Wicki | Nomeado | |
| Paw | Dinamarqués | Astrid Henning-Jensen | Nomeado | |
| Doaa al-Karawan | Árabe | Henry Barakat | Non nomeado | |
| Orfeo negro | Portugués | Marcel Camus | Premio da Academia | |
| Yu guo tian qing | Mandarín | Yueh Feng | Non nomeado | |
| Apur sansar | Bengali | Satyajit Ray | Non nomeado | |
| La grande guerra | Italiano | Mario Monicelli | Nomeado | |
| Vlak bez voznog reda | Serbocroata | Veljko Bulajić | Non nomeado | |
| Nazarín | Castelán | Luis Buñuel | Non nomeado | |
| Dorp aan de rivier | Neerlandés | Fons Rademakers | Nomeado | |
| Jago Hua Savera | Urdú | A. J. Kardar | Non nomeado | |
| Jiang shan mei ren | Mandarín | Li Han-hsiang | Non nomeado | |
| Nobi | Xaponés | Kon Ichikawa | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ oscars.org (ed.). "The 32nd Academy Awards (1960) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2011.