Filmes de Kirguizistán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kirguizistán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1999. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2022, Kirguizistán presentou 15 filmes ó premio dende que acadou a independencia da Unión Soviética en 1991, mais non conseguiu chegar á fase de nomeados. O primeiro filme kirguiz presentado foi Lyutyy, presentado en nome da Unión Soviética no ano 1974 para competir na 47ª edición dos Óscar. Nese filme, rodado en lingua rusa, un rapaz convence ó seu cruel tío para que salva a vida dun cadelo de lobo.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kirguizistán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Lingua Resultado
1998
(71ª)
Beshkempir Abdykalykov, AktanAktan Abdykalykov Kirguiz Non nomeado
2001
(74ª)
Maimil Abdykalykov, AktanAktan Abdykalykov Kirguiz e ruso Non nomeado
2006
(79ª)
Sunduk predkov Egen, NurbekNurbek Egen Kirguiz e francés Non nomeado
2008
(81ª)
Heavens Blue de Ponchville, Marie-JaoulMarie-Jaoul de Ponchville Kirguiz Non nomeado
2010
(83ª)
Svet-Ake Abdykalykov, AktanAktan Abdykalykov Kirguiz Non nomeado
2012
(85ª)
The Empty Home Egen, NurbekNurbek Egen Kirguiz, ruso e francés Non nomeado
2014
(87ª)
Kurmanjan Datka[6] Sher-Niyaz, SadykSadyk Sher-Niyaz Kirguiz Non nomeado
2015
(88ª)
Sutak[7] Abdykalykov, MirlanMirlan Abdykalykov Kirguiz Non nomeado
2016
(89ª)
Atanyn Kereezi[8] Mukul, BakytBakyt Mukul e Uulu, Dastan JaparDastan Japar Uulu Kirguiz Non nomeado
2017
(90ª)
Kentavr[9] Abdykalykov, AktanAktan Abdykalykov Kirguiz Non nomeado
2018
(91ª)
Tunku Kyrsyk[10] Birnazarov, TemirbekTemirbek Birnazarov Kirguiz Non saíu na lista final[11]
2019
(92ª)
Aurora[12] Pirmatov, BekzatBekzat Pirmatov Kirguiz Non nomeado
2020
(93ª)
Running to the Sky[13] Abdykalykov, MirlanMirlan Abdykalykov Kirguiz Non nomeado
2021
(94ª)
Shambala[14] Suyundukov, ArtykpaiArtykpai Suyundukov Kirguiz e inglés Non nomeado
2022
(95ª)
Prodayetsya dom[15] Kulmendeev, TaalaibekTaalaibek Kulmendeev Kirguiz Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Variety (ed.). "'Kurmanjan Datka' Reps Kyrgyzstan in Oscar Race". Consultado o 6 de outubro de 2014. 
  7. Holdsworth, Nick (23 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Kyrgyzstan Submits 'Heavenly Nomadic' for Foreign-Language Category". Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  8. The Hollywood Reporter, ed. (27 de setembro de 2016). "Oscars: Kyrgyzstan Selects 'A Father's Will' for Foreign-Language Category". Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  9. Holdsworth, Nick (20 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Kyrgyzstan Selects 'Centaur' for Foreign-Language Category". Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  10. Kozlov, Vladimir (27 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Kyrgyzstan Selects 'Night Accident' for Foreign-Language Category". Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  11. Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "87 Countries In Competition for 2018 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  12. Kozlov, Vladimir. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Kyrgyzstan Selects 'Aurora' for International Feature Film Category". Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  13. "Фильм «Жөө Күлүк» выдвинут на соискание премии Оскар". Asia TV. 20 de novembro de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  14. "‘Shambala’ Picked as Kyrgyzstan’s International Oscar Contender". Variety. 24 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  15. "Кыргызстан выбрал киноленту, которую отправит на соискание премии «Оскар»". 24.KG. 25 de setembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2022.