Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Checoslovaquia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] entre 1964 e 1991, antes de que o país se separase nas repúblicas independentes de Eslovaquia e da República Checa en 1993. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Seis filmes checoslovacos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, dous dos cales gañaron o Óscar, o filme en lingua eslovaca Obchod na korze e o filme en lingua checa Ostře sledované vlaky, ámbolos dous comedias negras ambientadas durante a segunda guerra mundial. Dous filmes do director Miloš Forman foron propostos en representación de Checoslovaquia na década de 1960, e os dous foron nomeados. Forman acabou gañando o Óscar ó mellor director en dúas ocasións logo de emigrar ós Estados Unidos.
Despois da ruptura de Checoslovaquia, as propostas checas e eslovacas foron presentadas por separado de xeito regular. Dende entón, a República Checa logrou tres nomeamentos máis ós Óscar, incluíndo unha vitoria para Kolja de Jan Svěrák.[5]
Propostas[editar | editar a fonte]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Checoslovaquia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Case tódalas propostas foron rodadas en checo, agás as de 1965, 1982 e 1984 que estaban rodadas en eslovaco.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Holdsworth, Nick (16 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Czech Republic Selects 'Lost in Munich' for Foreign-Language Category". Consultado o 22 de abril de 2018.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ "The 38th Academy Awards (1966) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 22 de abril de 2018.
- ↑ "The 39th Academy Awards (1967) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 22 de abril de 2018.
- ↑ "The 40th Academy Awards (1968) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 22 de abril de 2018.
- ↑ "The 41st Academy Awards (1969) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 22 de abril de 2018.
- ↑ "The 59th Academy Awards (1987) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 22 de abril de 2018.
- ↑ "The 64th Academy Awards (1992) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 22 de abril de 2018.