Saltar ao contido

Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denys Arcand, director de Les Invasions barbares (2003), o primeiro filme canadense en acadar o premio.

O Canadá presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1971. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2023, sete filmes canadenses foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e un deles foi o gañador do premio. Destes filmes, tres foron dirixidos por Denys Arcand: Jésus de Montréal, nomeado na 62ª edición dos premios; Le Déclin de l'empire américain, nomeado na 59ª edición; e a súa secuela Les Invasions barbares, que foi o gañador da 76ª edición.[5] Days of Darkness de Arcand entrou na lista mais finalmente non foi nomeado. Os outros catro directores canadenses cuxos filmes foron nomeados son Deepa Mehta por Water na 79ª edición,[6] Denis Villeneuve por Incendies na 83ª edición,[7] Philippe Falardeau por Profesor Lazhar na 84ª edición,[8] e Kim Nguyen por Rebelle na 85ª edición dos premios.[9]

Propostas

[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[10] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Canadá para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega. Agás dúas excepcións (Atanarjuat de 2001 en inuktitut e Water de 2005 en hindi), tódalas propostas foron filmes quebequeses. Tódolos filmes quebequeses están en lingua francesa, agás Une balle dans la tête que está falada completamente nunha lingua inventada.[11] Outras das propostas teñen partes substanciais do seu diálogo noutras linguas como o inuktitut (Ce qu'il faut pour vivre), lingala (Rebelle), yiddish (Félix et Meira),[12] e mohawk e algonquino (Hochelaga, Terre des âmes).[13]

Ano
(Cerimonia)
TítuloDirectorResultado
1971
(44ª)
Mon oncle Antoine Claude Jutra Non nomeado
1972
(45ª)
La Vraie Nature de Bernadette Gilles Carle Non nomeado
1975
(48ª)
Les Ordres Michel Brault Non nomeado
1977
(50ª)
J.A. Martin photographe Jean Beaudin Non nomeado
1979
(52ª)
Mourir à tue-tête Anne Claire Poirier Non nomeado
1980
(53ª)
Les Bons débarras Francis Mankiewicz Non nomeado
1981
(54ª)
Les Plouffe Gilles Carle Non nomeado
1982
(55ª)
Les Fleurs savages Jean Pierre Lefebvre Non nomeado
1983
(56ª)
Bonheur d'occasion Claude Fournier Non nomeado
1984
(57ª)
Sonatine Micheline Lanctôt Non nomeado
1985
(58ª)
Jacques et novembre François Bouvier Non nomeado
1986
(59ª)
Le Déclin de l'empire américain Denys Arcand
Nomeado[14]
1987
(60ª)
Un Zoo la Nuit Jean-Claude Lauzon Non nomeado
1988
(61ª)
Les Portes tournantes Francis Mankiewicz Non nomeado
1989
(62ª)
Jésus de Montréal Denys Arcand
Nomeado[15]
1990
(63ª)
Une histoire inventée André Forcier Non nomeado
1991
(64ª)
Une balle dans la tête[16] Attila Bertalan Non nomeado
1992
(65ª)
Léolo Jean-Claude Lauzon Non nomeado
1993
(66ª)
Le Sexe des étoiles Paule Baillargeon Non nomeado
1994
(67ª)
Mon amie Max Michel Brault Non nomeado
1995
(68ª)
Le Confessionnal Robert Lepage Non nomeado
1996
(69ª)
Sous-sol Pierre Gang Non nomeado
1997
(70ª)
Cosmos Jennifer Alleyn, Manon Briand,
Marie-Julie Dallaire, Arto Paragamian,
André Turpin, Denis Villeneuve
Non nomeado
1998
(71ª)
Un 32 août sur terre[17] Denis Villeneuve Non nomeado
1999
(72ª)
Emporte-moi[18] Léa Pool Non nomeado
2000
(73ª)
Maelström[19] Denis Villeneuve Non nomeado
2001
(74ª)
Atanarjuat[12] Zacharias Kunuk Non nomeado
2002
(75ª)
Un crabe dans la tête[20] André Turpin Non nomeado
2003
(76ª)
Les Invasions barbares Denys Arcand Premio da Academia[21]
2004
(77ª)
La Face cachée de la Lune[22] Robert Lepage Non nomeado
2005
(78ª)
C.R.A.Z.Y.[23] Jean-Marc Vallée Non nomeado
2006
(79ª)
Water Deepa Mehta
Nomeado[6]
2007
(80ª)
L'Âge des ténèbres Denys Arcand
Lista curta de xaneiro[24]
2008
(81ª)
Ce qu'il faut pour vivre Benoît Pilon
Lista curta de xaneiro[25]
2009
(82ª)
J'ai tué ma mère[26] Xavier Dolan Non nomeado
2010
(83ª)
Incendies[27] Denis Villeneuve
Nomeado[7]
2011
(84ª)
Profesor Lazhar[28] Philippe Falardeau
Nomeado[29]
2012
(85ª)
Rebelle[30] Kim Nguyen
Nomeado[31]
2013
(86ª)
Gabrielle[32] Louise Archambault Non nomeado
2014
(87ª)
Mommy[33] Xavier Dolan Non nomeado
2015
(88ª)
Félix et Meira[34] Maxime Giroux Non nomeado
2016
(89ª)
Juste la fin du monde[35] Xavier Dolan
Lista curta de decembro[36]
2017
(90ª)
Hochelaga, Terre des âmes[37] François Girard Non nomeado
2018
(91ª)
Chien de garde[38] Sophie Dupuis Non nomeado
2019
(92ª)
Antigone[39] Sophie Deraspe Non nomeado
2020
(93ª)
14 jours, 12 nuits[40][41] Jean-Philippe Duval Non nomeado
2021
(94ª)
Les Oiseaux ivres[42] Ivan Grbovic Non nomeado
2022
(95ª)
Chángchūn[43] Jason Loftus Non nomeado
2023
(96ª)
Rojek[44] Zaynê Akyol Non nomeado
2024
(97ª)
Une langue universelle[45] Matthew Rankin
Lista curta de decembro
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
  3. 1 2 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
  5. "Denys Arcand - Awards". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xaneiro de 2009.
  6. 1 2 "Deepa Mehta - Awards". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xaneiro de 2009.
  7. 1 2 oscars.org (ed.). "Nominees for the 83rd Academy Awards". Consultado o 25 de xaneiro de 2011.
  8. "When the Best Teacher Doesn't Have a Degree". The New York Times. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
  9. "Canadian director Kim Nguyen on his Oscar nomination for War Witch (Rebelle): 'We're clearly the underdog'". The National Post. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
  10. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
  11. Éléphant: mémoire du cinéma québécois (ed.). "A Bullet in the Head". Quebecor. Consultado o 15 de abril de 2017.
  12. 1 2 Wong, Jessica (23 de setembro de 2016). "Xavier Dolan's It's Only the End of the World to be Canada's Oscar foreign-language film submission". CBC News. Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
  13. Dunlevy, T'cha (25 de setembro de 2017). The Montreal Gazette, ed. "Hochelaga, terre des âmes is Canada's foreign-language Oscar contender". Consultado o 27 de setembro de 2017.
  14. "The 59th Academy Awards (1987) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 16 de agosto de 2015.
  15. "The 62nd Academy Awards (1990) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 6 de setembro de 2015.
  16. Staff (17 de maio de 1999). "Between the Moon & Montevideo films on location in Old Havana". Playback. Consultado o 15 de abril de 2017.
  17. "Arrival director Denis Villeneuve goes from MuchMusic to the Oscars in just 20 short years". The Toronto Star. 18 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 18 de setembro de 2018.
  18. "Emporte to Oscars?". Playback. 15 de novembro de 1999. Consultado o 18 de setembro de 2018.
  19. "Record 46 Countries in Race for Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 20 de novembro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2008.
  20. "Crabe Dans La Tete joins Oscar race for Canada". Screen Daily. 3 de novembro de 2002. Consultado o 18 de setembro de 2018.
  21. Associated Press (3 de xaneiro de 2004). "'Invasions' takes foreign-language Oscar". Today. Consultado o 27 de agosto de 2016.
  22. "Telefilm Canada invites producers to submit their feature films to the pan-Canadian Oscar selection committee". TeleFilm Canada. 31 de maio de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2018.
  23. Leiren-Young, Mark (24 de novembro de 2005). "Jean-Marc Vallée's keeps C.R.A.Z.Y. in Quebec". The Georgia Straight. Consultado o 12 de abril de 2017.
  24. "Nine foreign-language films compete for Oscar slots". USA Today. 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 30 de decembro de 2016.
  25. "En bref - Ce qu'il faut pour vivre, présélectionné aux Oscars". Le Devoir. 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de decembro de 2016.
  26. "Xavier Dolan's killer debut is Canada's Oscar pick". CBC News. 22 de setembro de 2009. Consultado o 2 de abril de 2017.
  27. "Canada picks 'Incendies' to vie for Oscar". hollywoodreporter. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2010. Consultado o 2010-09-29.
  28. "Monsieur Lazhar is Canada's Oscar selection". The Vancouver Sun. Consultado o 27 de abril de 2020.
  29. "Oscars 2012: Nominees in full". BBC News. 2012-01-24. Consultado o 2012-01-24.
  30. "Kim Nguyen's Rebelle (War Witch) is Canada's Oscar submission for best foreign language film". The Montreal Gazette. 18 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012.
  31. "Oscars: Hollywood announces 85th Academy Award nominations". BBC News. Consultado o 2013-01-10.
  32. "Gabrielle gets Canada's Oscar selection for best foreign film". The Canadian Press. Consultado o 2013-09-24.
  33. "Dolan's 'Mommy' Canada's Oscar bid". Brampton Guardian. Consultado o 19 de setembro de 2014.
  34. Vlessing, Etan (25 de setembro de 2015). "Oscars: Canada Submits 'Felix and Meira' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 25 de setembro de 2015.
  35. Vlessing, Etan (23 de setembro de 2016). "Oscars: Canada Selects 'It's Only the End of the World' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 23 de setembro de 2016.
  36. "Oscars: Nine Films Advance in Foreign-Language Race". Variety. 15 de decembro de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2016.
  37. Wong, Jessica (25 de setembro de 2017). CBC News, ed. "Hochelaga, terre des âmes named Canada's foreign-language contender for the Oscars". Consultado o 25 de setembro de 2017.
  38. Vlessing, Etan (19 de setembro de 2018). "Oscars: Canada Selects 'Watch Dog' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 19 de setembro de 2018.
  39. Vlessing, Etan (20 de setembro de 2019). "Oscars: Canada Selects Sophie Deraspe's 'Antigone' Refugee Drama for International Feature Film Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 20 de setembro de 2019.
  40. Lussier, Marc-André (19 de decembro de 2020). "14 jours 12 nuits représentera le Canada aux Oscars". La Presse. Consultado o 19 de decembro de 2020.
  41. En decembro de 2020, a proposta do Canadá, Funny Boy, de Deepa Mehta, foi descualificada por ter máis da metade dos diálogos en inglés: Ramachandran, Naman (18 de decembro de 2020). "Canada's Oscar Entry 'Funny Boy' Pulled From International Feature Film Race". Variety. Consultado o 18 de decembro de 2020.. O comité de selección do Canadá escolleu un novo filme, 14 jours, 12 nuits: ""14 Days 12 Nights" chosen to complete for International feature film Oscar". Vancouver is Awesome. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2020.
  42. "Drunken Birds [Les oiseaux ivres] represents Canada in the race for Best International Feature Film at the 2022 Oscars". Telefilm Canada. 4 de outubro de 2021. Consultado o 4 de outubro de 2021.
  43. Jackson Weaver, "Eternal Spring named Canada's submission for Oscars' best international film". CBC News, 24 de agosto de 2022.
  44. Joseph Pugh, "Documentary about jailed ISIS fighters is Canada's international entry for 2024 Oscars". CBC News, 24 de agosto de 2023.
  45. Jamie Casemore, "Rankin’s Universal Language is Canada’s pick for 97th Oscars". Playback, 27 de agosto de 2024.