Filmes de Belarús propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Belarús presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1994. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2019, catro filmes belarusos foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Belarús para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
1994
(67ª)
Moi Ivan, toi Abraham Yiddish, polaco, ruso e romaní Zauberman, YolandeYolande Zauberman Non nomeado
1996
(69ª)
Iz ada v ad Yiddish, ruso e alemán Astrakhan, DmitryDmitry Astrakhan Non nomeado
2018
(91ª)
Crystal Swan[6] Ruso e inglés Zhuk, DaryaDarya Zhuk Non nomeado
2019
(92ª)
Debut[7] Ruso Miroshnichenko, AnastasiyaAnastasiya Miroshnichenko Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Holdsworth, Nick (30 de xuño de 2018). "Oscars: Belarus Selects 'Crystal Swan' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  7. Belarus News, ed. (26 de setembro de 2019). "Belarus chooses entry for Academy Award 2019". Consultado o 26 de setembro de 2019.