Lingua finesa
Finés 'suomi' | ||
---|---|---|
Falado en: | Finlandia, Suecia, Noruega, Rusia, Estonia | |
Rexións: | Finlandia | |
Total de falantes: | 6 500 000 | |
Posición: | Non está entre os 100 primeiros [1] | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas ugrofinesas Finés | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Finlandia Unión Europea | |
Regulado por: | Instituto de estudos de linguas de Finlandia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | fi
| |
ISO 639-2: | fin | |
SIL: | fin [2]
| |
Mapa | ||
Status | ||
O finés[2] é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.
Debido á súa tardía normativización e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias etimolóxicas, senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito vogais e trece consoantes, o que a coloca entre as linguas europeas con menos fonemas. As vogais palatais son i, e, a, ä da zona central e o, ö, u, y pola rama velar. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non labializado (a, o, u) fronte a outro elemento redondeado (ä, ö, y). Isto adoita influír no tipo de sufixos que se lle aplican a cadansúa raíz, pois habitualmente os sufixos teñen dous alófonos segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo a, o, u, o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle harmonización. Por exemplo, o sufixo -lainen / -läinen aplícase para crear xentilicios, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto:
- cando se aplica á palabra Suomi, 'Finlandia', resulta suomalainen, 'finlandés';
- cando se aplica á palabra meri, mar, dá meriläinen, 'mariñeiro';
Canto ás consoantes, o máis singular é a ausencia dalgunhas (dalgúns fonemas consonánticos) moi habituais nas linguas románicas ou da nosa contorna máis xeral: o finés por exemplo carece de b (só v) ou de f (agás empréstitos).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ O DRAG só admite finés para o idioma. E finlandés, xunto con finés, para relativo ou pertencente a Finlandia.
Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para finés. e Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para finlandés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua finesa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Introdución á lingua finesa na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |